Lagarto das silvas
| Lagarto das silvas | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Lacerta schreiberi Jacques von Bedriaga 1878 | |||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||
|
Categoría taxonómica
| |||||||||||
|
Taxon superior
| |||||||||||
|
Nome curto
| |||||||||||
| Características | |||||||||||
|
Ciclo diurno
| |||||||||||
| Conservación | |||||||||||
|
Identificador UICN
| |||||||||||
| Distribución | |||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||
| Reino | Animalia | ||||||||||
| Filo | Chordata | ||||||||||
| Clase | Reptilia | ||||||||||
| Orde | Squamata | ||||||||||
| Familia | Lacertidae | ||||||||||
| Xénero | Lacerta | ||||||||||
| Especie | L. schreiberi | ||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||
O lagarto das silvas[1] ou lagarto das silveiras[2][3] (Lacerta schreiberi, Bedriaga, 1878) é unha especie da familia Lacertidae.
Descrición
[editar | editar a fonte]
É un lagarto de cabeza curta e ancha; a cola é o dobre de longa cá lonxitude do corpo. Esta especie, en xeral, é verde e co abdome amarelento. Os machos, ademais conteñen unha coloración case negra, substituída nas femias por unha cor parda e na época de celo o macho ten o pescozo azulado. A súa lonxitude total non supera os 4 dm. Cando é perseguido non dúbida en gabear ás árbores. Só vive nas montañas do oeste da Península Ibérica. Tende a habitar en lugares húmidos, como nas beiras dos ríos. A alteración do seu hábitat está a provoca-la mingua da súa poboación.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome da especie é unha homenaxe ao zoólogo austríaco Egid Schreiber (1836-1913).[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lagarto.
- ↑ Conde Teira, M. A. (1996): "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos" Arquivado 27 de agosto de 2016 en Wayback Machine. en Cadernos de Lingua, 13, páx. 84. Real Academia Galega.
- ↑ Vocabulario forestal, páx. 125, Servizo de Normalización Lingüística, Universidade de Santiago de Compostela, 2012
- ↑ Beolens, Watkins & Grayson, 2009 : The Eponym Dictionary of Reptiles. Johns Hopkins University Press, páx. 1-296.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Lista vermella de especies ameazadas Arquivado 14 de maio de 2009 en Wayback Machine. da IUCN.
- Lacerta schreiberi en The Reptile Database (en inglés)
Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |