Cobra de colar
| Cobra de colar | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Natrix astreptophora Víctor López Seoane 1885 | |||||||
|
Instancia de
| |||||||
|
Categoría taxonómica
| |||||||
|
Taxon superior
| |||||||
|
Subdivisións
| |||||||
|
Sinonimia
| |||||||
| Distribución | |||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||
| Reino | Animalia | ||||||
| Filo | Chordata | ||||||
| Clase | Sauropsida | ||||||
| Orde | Squamata | ||||||
| Suborde | Serpentes | ||||||
| Familia | Natricidae | ||||||
| Subfamilia | Natricinae | ||||||
| Xénero | Natrix | ||||||
| Especie | N. astreptophora | ||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
A cobra de colar[1][2] ou cobra de auga de colar[2] (Natrix astreptophora) é unha cobra non velenosa da familia Colubridae, propia da Península Ibérica. Ata recentemente foi considerada unha subespecie da cobra de colar eurasiática, ou Natrix natrix.
Distribución
[editar | editar a fonte]A cobra de colar é unha especie de serpe distribuída pola Península Ibérica e pola parte occidental de Francia, así como polo norte de África, nunha freita descontinua que inclúe un núcleo no norte de Marrocos (de Fez a Tánxer) e a costa alxeriana ata Tunisia[3].
Descrición
[editar | editar a fonte]Pode chegar a medir dous metros de lonxitude, pero os adultos adoitan ter arredor de 120 cm. Ten o corpo groso, a testa redondeada e os ollos de pupilas redondas. A cor é moi variable: a máis común é parda ou verde escuro, aínda que poden aparecer dende cor gris ata negro; coa parte inferior do corpo máis clara. Presenta manchas negras. Algúns individuos teñen un colar característico de cor amarela ou alaranxada. É unha especie de vida diúrna que se alimenta de anfibios (especialmente de ras e sapos), e pode chegar a cazar pequenos mamíferos e peixes. As femias son meirandes que os machos.
Galería
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Conde Teira, M. A. (1996): "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos" Arquivado 27 de agosto de 2016 en Wayback Machine. en Cadernos de Lingua, 13, páx. 85. Real Academia Galega.
- ↑ 2,0 2,1 Daviña Facal, Luís (2000): Diccionario das ciencias da natureza e da saúde. Tomo 2. C. A Coruña, Deputación da Coruña, páx. 996. ISBN 84-95335-46-8
- ↑ Reptile-Database: Natrix astreptophora.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |