Pato chupón
Pato chupón | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Macho | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Aythya ferina' (Linnaeus, 1758) |
O pato chupón (Aythya ferina) é un parrulo mergullador de tamaño medio.
Descrición[editar | editar a fonte]
O macho é característico entre os parrulos europeos pola cabeza e o pescozo de cor castaño-vermella, o peito negro e o lombo da cor da prata. Ten o bico escuro e os ollos vermellos. Son de aspecto semellante a dúas especies americanas: Aythya americana e Aythya valisineria. As femias son marróns agrisadas na parte dianteira do corpo, co lombo e os lados de cor gris abrancazada. Teñen unha liña branca ao redor da zona dos ollos que forma, ás veces, o deseño duns anteollos.
É unha das especies incluídas no "Acordo para a conservación das aves acuáticas migratorias de África e Eurasia" (AEWA).
Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]
Viven en Eurasia e o norte de África. O seu hábitat primordial son os lagos e pantanos. Nos últimos 100 anos a súa área de distribución en Europa ampliouse. Son aves migratorias e os exemplares europeos pasan o inverno no sur e o oeste do continente. Na Península Ibérica cría en áreas restrinxidas do leste, centro e na desembocadura do río Guadalquivir.
Poboación na Galiza[editar | editar a fonte]
Na Galiza o pato chupón é unha ave invernante habitual a partir do mes de novembro. A súa poboación invernante está a medrar debido a que a especie atópase en expansión. Actualmente cría localizadamente no noroeste da provincia de Ourense.
Reprodución e comportamento[editar | editar a fonte]
Fan os niños nos canavais e entre os carrizos preto de zonas acuáticas de polo menos un metro de fondo. Poñen de oito a once ovos.
Son aves gregarias que forman grandes bandadas no inverno, moitas veces mesturados con outros parrulos semellantes como o pato cristado (Aythya fuligula), co que ás veces hibrida.
Aliméntanse de plantas acuáticas e animais pequenos coma moluscos e insectos, que conseguen mergullándose na auga. A miúdo aliméntanse pola noite.
Nome común noutras linguas[editar | editar a fonte]
- Alemán: Tafelente
- Danés: Taffeland
- Español: Porrón común
- Finlandés: Punasotka
- Francés: Fuligule milouin
- Húngaro: Barátréce
- Inglés: Pochard
- Italiano: Moriglione
- Lituano: Rudagalve antis
- Neerlandés: Tafeleend
- Noruegués: Taffeland
- Polaco: głowienka, kaczka rdzawogłowa
- Portugués: zarro, zarro comum, zarro-comum
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pato chupón ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Vídeos sobre o pato chupón en Internet Bird Collection
- Artigo e fotos sobre o pato chupón en Tierdoku.com (en alemán)
- ↑ BirdLife International (2012). "Aythya ferina". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.