Escribenta das canaveiras
Escribenta das canaveiras | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
![]() Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Emberiza schoeniclus (Linnaeus, 1758) |
A[1]/o[2] escribente das canaveiras[2] ou escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus) é unha ave da familia Emberizidae que poboa as zonas húmidas de boa parte de Europa e o norte de Asia.
Características[editar | editar a fonte]
Pequeno paxaro cunha lonxitude de entre 13,5 e 15,5 cm de lonxitude[3]. Caracterízase pola pigmentación dos ovos do que deriva varios nomes populares en varios idiomas relacionado coa escritura[4]. Só os machos presentan, na época de cría, plumaxes vistosos. O resto do ano ano dominan tons ocres e pardos. Hai entre 15 e 30 subespecies, segundo a autoridade consultada. As grandes diferenzas en plumaxe, tamaño e forma do peteiro e talle corporal xustifican estas diferenzas[4]. En Galicia só nidifica a subespecie E. s. lusitanica. A subespecie lusitanica difire sutilmente pola súa xenética e polo seu tamaño e plumaxe máis escuro. Alas relativamente máis curtas e un peteiro desproporcionadamente longo. Características estas últimas que se explicarían polo menor carácter migratorio e unha dieta invernal baseada máis en insectos ca en sementes[4]. A reprodución é exclusivamente en zonas húmidas. Trátase dunha especie moi discreta nos seus costumes[4].
Distribución[editar | editar a fonte]
En España realizouse o primeiro censo desta ave en 2005, co resultado de menos de 400 parellas reprodutoras. A maior poboación reprodutora atópase en Galicia cunha poboación de entre 128-158 pp.[5] Na Península Ibérica pódense atopar tres subespecies: Emberiza schoeniclus schoeniclus, abondosa na Europa occidental e presente como invernante; a iberoccidental Emberiza schoeniclus lusitanica, considerada en perigo crítico de extinción e a iberoriental Emberiza schoeniclus witherbyi, considerada en perigo, polo que esta especie foi considerada pola SEO Ave do Ano 2009.[6]
Distribución Lusitanica[editar | editar a fonte]
En época de cría, a distribución desta subespecie, vai dende o litoral do País Vasco ata o norte do Texo. Case está desaparecida de Asturias, Cantabria e País Vasco. En Portugal está presente sobre todo na Ría de Aveiro[4]. En Galicia, o censo do 2013, mostrou entre 30 e 42 territorios reprodutores. Os territorios máis habituais son os esteiros do Ulla, o Tambre e a Lagoa da Frouxeira[4]. Ten desaparecido de lugares interiores coma as Gándaras de Budiño[4].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para escribente.
- ↑ 2,0 2,1 Definición de Escribenta das canaveiras no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ Svensson L., Mullarney K., Zetterström D. (2010). Guía de aves: España, Europa y región mediterránea. ISBN 9788428215336.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 R. Salvadores, F. Arcos (Outubro 2014). "As escribentas das canaveiras nidificantes en Galicia". Cerna (72).
- ↑ Atienza, Juan Carlos; Copete, José Luis (2004). "Escribano. Palustre Emberiza schoeniclus" (PDF). En Moral, Juan Carlos del; Martí, Ramón. Atlas de las aves reproductoras de España (en castelán). Parques Nacionales. pp. 604–605. ISBN 9788480144742.
- ↑ "El escribano palustre, 'Ave del Año 2009'". www.elmundo.es. Consultado o 29 de maio de 2019.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Escribenta das canaveiras |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Escribenta das canaveiras |