A cobra lagarteira común[1][2][3] ou cobra lisa común[4] (Coronella austriaca) é unha especie de cobra non velenosa que habita en Europa do norte e central, pero tamén chega ata o norte de Irán. O European Molecular Biology Laboratory (EMBL) recoñece actualmente tres subespecies, incluída a común descrita neste artigo.[5]