Meta é un dos 32 departamentos de Colombia. Atópase na rexión central do país, e a súa capital é a cidade de Villavicencio, o principal centro urbano da Orinoquía colombiana e a tan só 89,9 quilómetros ó sur de Bogotá, a capital do país.[1] O departamento do Meta é un dos máis extensos de Colombia, cunha área de 85770km², que equivalen ó 7,5% do territorio nacional, e posúe unha gran riqueza hídrica por mor dos numerosos afluentes do río Orinoco que cruzan o departamento e que nacen na Cordilleira Oriental.