Geraldine Ferraro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Geraldine Ferraro
GeraldineFerraro.jpg
Nacemento26 de agosto de 1935
Lugar de nacementoNewburgh
Falecemento26 de marzo de 2011
Lugar de falecementoBoston
CausaMieloma múltiple e pneumonía
NacionalidadeEstados Unidos de América
Relixióncatolicismo
Alma máterMarymount Manhattan College, Fordham University School of Law e Universidade Fordham
Ocupaciónpolítica, avogada, diplomática, escritora e autobiógrafa
CónxuxeJohn Zaccaro
PremiosNational Women's Hall of Fame
Na rede
IMDB: nm0274170 WikiTree: Ferraro-211 Find a Grave: 67469199 Editar o valor em Wikidata
Geraldine A. Ferraro Signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Geraldine Ferraro, nada en Newburgh o 26 de agosto de 1935[1] e finada en Boston o 26 de marzo de 2011, foi unha política estadounidense. Membro da Cámara de Representantes, foi a primeira muller candidata á vicepresidencia do país por un dos dous grandes partidos, o Partido Demócrata, nas eleccións presidenciais de 1984.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Geraldine Ferraro era filla de Dominick Ferraro, un inmigrante italiano dono de dous restaurantes,[2][3] e de Antonetta L. Corrierie, tamén italiana. Tivo tres irmáns que naceran antes ca ela, mais un faleceu cando era neno e outro aos tres anos.[4] Ferraro doutorouse con honores en dereito na Universidade Fordham en 1960.[5][6]

En 1979 foi nomeada membro da Cámara de Representantes polo 9.º distrito electoral de Nova York.[7]

En 1984 Ferraro foi escollida polo candidato presidencial Walter Mondale como candidata á vicepresidencia,[8] despois de considerar outros candidatos como Gary Hart e Jesse Jackson.[9] Aínda que Ferraro era católica, a Igrexa católica criticouna por estar a favor do aborto.[10]

De 1993 a 1996 serviu como embaixadora dos Estados Unidos na Comisión de Dereitos Humanos da ONU durante a administración de Bill Clinton.[11] En 2008, Ferraro expresou o seu apoio á candidatura presidencial de Hillary Clinton.[12]

En 1998, foille diagnosticado un mieloma múltiple, aínda que non o fixo público ata 2001, data en que comezou a dar charlas sobre a súa doenza.[13] Faleceu o 26 de marzo de 2011 a consecuencia do cancro que a afectou durante case trece anos.[14]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Perlez, Jane (10 de abril de 1984). "Woman in the News; Democrat, Peacemaker: Geraldine Anne Ferraro". The New York Times. 
  2. Ferraro and Francke, My Story, p. 17.
  3. "The Geraldine A. Ferraro Papers" (PDF). Marymount Manhattan College. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 9 de setembro de 2008. Consultado o 1 de setembro de 2008.  pp. 2–3, 88–90.
  4. Lague, Louise (30 de xullo de 1984). "The Making of a Trailblazer". People. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2016. Consultado o 1 de setembro de 2008. 
  5. "Ferraro, Geraldine Anne (1935 – )". Biographical Directory of the United States Congress. Consultado o 30 de agosto de 2008. 
  6. Raab, Selwyn (21 de xullo de 1984). "Ex-Colleagues Praise Rep. Ferraro As Lawyer". The New York Times. 
  7. Barone, Michael; Ujifusa, Grant; Matthews, Douglas (1979). Almanac of American Politics, 1980: The Senators, the Representatives, the Governors — Their Records, States, and Districts. E. P. Dutton. p. 593. 
  8. «JACKSON APPLAUDS MONDALE ON 'CLOSING OF GENDER GAP'.» The New York Times, 13 de xullo de 1984 (en inglés)
  9. «Trying to Win the Peace.» Arquivado 30 de setembro de 2007 en Wayback Machine. Time, 12 de xullo de 1984 (en inglés)
  10. «Pressing the Abortion Issue» Arquivado 22 de agosto de 2013 en Wayback Machine.. Time, 24 de setembro de 1984 (en inglés)
  11. Brozan, Nadine (23 de outubro de 1993). "Chronicle". The New York Times. 
  12. «What we Learned the Hard Way.» Arquivado 31 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine. Newsweek, 25 de decembro de 2006 (en inglés)
  13. Gorman, Jessica (outono de 2007). "A Public Life With Cancer". CR. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2011. Consultado o 10 de decembro de 2008. 
  14. "Ferraro, first female vice president candidate, dies at 75". NBC News. Associated Press. 26 de marzo de 2011. Consultado o 26 de marzo de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]