Minami Torishima
| 南鳥島 (ja) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Xapón | ||||
| Prefectura metropolitana | Tokyo | ||||
| Aldeia no Japão (pt) | Ogasawara-mura | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 0 (2012) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 1,46 km² | ||||
| Medición | 1,5 ( | ||||
| Bañado por | océano Pacífico Norte | ||||
| Altitude | 9 m | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 110-2100 | ||||
| Fuso horario | |||||
Minami Torishima (南鳥島) ou Illa Marcus é unha illa illada localizada ao noroeste do océano Pacífico. O significado en xaponés é "Illa dos paxaros do sur". Posúe unha área de 1,2 km². É o territorio máis oriental do Xapón a 1.848 km ao sueste de Tokyo, e a 1.267 km ao leste da illa xaponesa máis próxima, Minami Iōjima nas Illas Ogasawara, e forma unha liña entre Tokyo e a Illa Wake, que está a 1.415 km ao leste-sueste. A illa máis próxima é Farallón de Paxaros nas Illas Marianas, que está a 1.021 km ao oeste-suroeste.
Administrativamente forma parte do concello de Ogasawara (小笠原村) na subprefectura de Ogasawara (小笠原支庁) da prefectura de Tokyo no Xapón.
Historia
[editar | editar a fonte]A illa foi descuberta polo capitán español Andrés de Arriola en 1694, na viaxe de retorno desde Manila a Acapulco, pero a súa localización non foi rexistrada ata o século XIX. É mencionada por primeira vez en 1864, dando unha posición por unha nave de observación dos Estados Unidos en 1874 e en 1879, Kiozaemon Saito pisou terra. O Xapón oficialmente reclamou a illa o 19 de xullo de 1898.
Durante a segunda guerra mundial 4.000 soldados xaponeses estiveron estacionados na illa, a cal foi atacada pola Mariña dos Estados Unidos en 1943, sen conseguir a súa rendición ou ocupación. A illa é usada na actualidade para a observación meteorolóxica e ten unha pequena estación de radio.
