París: Diferenzas entre revisións
→Xeografía: engado clima desde en:paris Etiqueta: edición de código 2017 |
→Clima: arranxos Etiqueta: edición de código 2017 |
||
Liña 90: | Liña 90: | ||
París ten o típico [[clima oceánico]] do oeste europeo, influído pola [[Corrente do Atlántico Norte]]. O clima durante todo o ano é suave e moderadamente húmido.<ref>{{cita web |url=http://www.paris.com/tourism/climate |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20130308094732/http://www.paris.com/tourism/climate |dataarquivo=8 de marzo de 2013 |título=Climate |editor=Paris.com |dataacceso=29 de xuño de 2013 |urlmorta=si |lingua=en}}</ref> Os días de [[verán]] son xeralmente cálidos e agradables cunha temperatura media entre 15 e 25°C, e boa cantidade de sol.<ref name=Lawrence/>{{rp|309}} Porén, cada ano hai uns poucos días nos que a temperatura elévase por riba dos 32°C. Ás veces ocorre que hai períodos máis longos de intensa calor, como sucedeu na [[Vaga de calor europea de 2003|vaga de calor de 2003]] cando as temperaturas superaron os 30°C durante semanas, alcanzando os 40°C nalgúns días e refrescando poucas veces pola noite. A [[primavera]] e o [[outono]] teñen días suaves e noites frescas, aínda que as condicións son cambiantes e inestables; o tempo quente ou frío ocorre sorprendentemente en ambas estacións.<ref>{{cita web |url=http://en.parisinfo.com/practical-paris/useful-info/climate |título=Climate in Paris |editor=Paris Convention and Visitors Bureau |páxina-web=ParisInfo |dataacceso=29 de xuño de 2013 |urlmorta=si |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20141205162747/http://en.parisinfo.com/practical-paris/useful-info/climate |dataarquivo=5 de decembro de 2014 |lingua=en}}</ref> No [[inverno]], os días son fríos e a luz solar escasa, as noites son frías mais xeralmente con temperaturas por riba da conxelación, ao redor de 3°C.<ref>{{cita web |autor=Courtney Traub |data=31 de xaneiro de 2018 |url=https://www.tripsavvy.com/visiting-paris-in-the-winter-1618789 |título=Visiting Paris in the Winter: A Complete Guide |páxina-web=tripsavvy |dataacceso=27 de febreiro de 2018 |lingua=en}}</ref> Non obstante, as xeadas nocturnas son moi comúns, pero a temperatura descende por baixo de -5°C só uns días ao ano. A neve cae todos os anos, pero raramente permanece no chan. Ás veces hai nevaradas lixeiras con ou sen acumulación.<ref>{{cita web |autor=Kelby Carr |data=30 de novembro de 2017 |url=https://www.tripsavvy.com/weather-in-france-1517972#step4 |título=Weather in France - Climate and Temperatures of French Cities |páxina-web=tripsavvy |dataacceso=27 de febreiro de 2018 |lingua=en}}</ref> |
París ten o típico [[clima oceánico]] do oeste europeo, influído pola [[Corrente do Atlántico Norte]]. O clima durante todo o ano é suave e moderadamente húmido.<ref>{{cita web |url=http://www.paris.com/tourism/climate |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20130308094732/http://www.paris.com/tourism/climate |dataarquivo=8 de marzo de 2013 |título=Climate |editor=Paris.com |dataacceso=29 de xuño de 2013 |urlmorta=si |lingua=en}}</ref> Os días de [[verán]] son xeralmente cálidos e agradables cunha temperatura media entre 15 e 25°C, e boa cantidade de sol.<ref name=Lawrence/>{{rp|309}} Porén, cada ano hai uns poucos días nos que a temperatura elévase por riba dos 32°C. Ás veces ocorre que hai períodos máis longos de intensa calor, como sucedeu na [[Vaga de calor europea de 2003|vaga de calor de 2003]] cando as temperaturas superaron os 30°C durante semanas, alcanzando os 40°C nalgúns días e refrescando poucas veces pola noite. A [[primavera]] e o [[outono]] teñen días suaves e noites frescas, aínda que as condicións son cambiantes e inestables; o tempo quente ou frío ocorre sorprendentemente en ambas estacións.<ref>{{cita web |url=http://en.parisinfo.com/practical-paris/useful-info/climate |título=Climate in Paris |editor=Paris Convention and Visitors Bureau |páxina-web=ParisInfo |dataacceso=29 de xuño de 2013 |urlmorta=si |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20141205162747/http://en.parisinfo.com/practical-paris/useful-info/climate |dataarquivo=5 de decembro de 2014 |lingua=en}}</ref> No [[inverno]], os días son fríos e a luz solar escasa, as noites son frías mais xeralmente con temperaturas por riba da conxelación, ao redor de 3°C.<ref>{{cita web |autor=Courtney Traub |data=31 de xaneiro de 2018 |url=https://www.tripsavvy.com/visiting-paris-in-the-winter-1618789 |título=Visiting Paris in the Winter: A Complete Guide |páxina-web=tripsavvy |dataacceso=27 de febreiro de 2018 |lingua=en}}</ref> Non obstante, as xeadas nocturnas son moi comúns, pero a temperatura descende por baixo de -5°C só uns días ao ano. A neve cae todos os anos, pero raramente permanece no chan. Ás veces hai nevaradas lixeiras con ou sen acumulación.<ref>{{cita web |autor=Kelby Carr |data=30 de novembro de 2017 |url=https://www.tripsavvy.com/weather-in-france-1517972#step4 |título=Weather in France - Climate and Temperatures of French Cities |páxina-web=tripsavvy |dataacceso=27 de febreiro de 2018 |lingua=en}}</ref> |
||
París ten |
París ten unha precipitación anual media de 641 mm, e experimenta lixeiras choivas distribuídas ao longo de todo o ano. Porén, a cidade é coñecida polos abruptos e intermitentes ballóns que sofre. A maior temperatura rexistrada foi de 40,4°C o 28 de xullo de [[1947]], e a máis baixa foi de -23,9°C o 10 de decembro de [[1879]].<ref name="clima">{{cita web |url=http://www.paris.fr/portail/accueil/Portal.lut?page_id=4946&document_type_id=5&document_id=3076&portlet_id=10579 |título=Géographie de la capitale – Le climat |editor=Institut National de la Statistique et des Études Économiques |vía=Paris.fr |dataacceso=24 de maio de 2006 |lingua=fr |urlmorta=si |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20061003225432/http://www.paris.fr/portail/accueil/Portal.lut?page_id=4946&document_type_id=5&document_id=3076&portlet_id=10579 |dataarquivo=3 de outubro de 2006}}</ref> |
||
== Demografía == |
== Demografía == |
Revisión como estaba o 10 de setembro de 2018 ás 18:33
Coordenadas: 48°51′23.68″N 2°21′6.58″L / 48.8565778, -2.3518278 Modelo:Cidade París (en francés Paris [pa.ʁi] (axuda · info)) é a capital de Francia, Chef-lieu da Illa de Francia e a única comuna-departamento do país. Atópase nun meandro do río Sena no centro da Conca parisiense, entre a confluencia do río Marne e o Sena augas arriba, e o Oise e o Sena augas abaixo.
A cidade de París dentro dos seus límites administrativos ten unha poboación estimada de 2.181.371 habitantes (2006).[1] Con todo, durante o século XX, a área metropolitana de París espallouse alén dos límites da comuna. A súa área urbana, a segunda máis grande de Europa, ten unha poboación de 11.174.740 habitantes (1999).[2]
A rexión de París (Illa de Francia) é, xunto con Londres, o centro económico máis importante de Europa.[3] Con 500,8 mil millóns de euros (630 mil millóns de dólares), produciu unha cuarta parte do Produto Interior Bruto (PIB) de Francia no 2006. La Défense é o primeiro barrio de negocios de Europa,[4] alberga a sede social de case a metade das grandes empresas francesas, así como a sede de vinte das 100 máis grandes do mundo. París tamén acolle ou acolleu a moitas organizacións internacionais como a Unesco, a OCDE, a Corte Penal Internacional e o Club de París.
A cidade é o destino turístico máis popular do mundo, con máis de 26 millóns de visitantes estranxeiros por ano.[5] Adoita considerarse como a cidade máis fermosa, elegante e espectacular do mundo por contar con moitos dos monumentos máis famosos e admirados do orbe: a Torre Eiffel, a Catedral de Notre-Dame, os Campos Elisios, o Arco do Triunfo, a Basílica do Sacré Cœur, d'Os Inválidos, o Panteón, o Arco de La Défense, a Ópera Garnier ou o barrio de Montparnasse, entre outros. Tamén alberga institucións de recoñecemento mundial: o Louvre, o Museo de Orsay e o Museo Nacional de Historia Natural de Francia.
Historia
- Artigo principal: Historia urbana de París.
Os Parisii, pobo galo do que provén o nome de París, habitaron o emprazamento encravado na 'Île de la Cité' ou illa da cidade, na que na actualidade se atopa a catedral de Nôtre Dame. Crese que os Parisii fundaron a cidade entre 250 a.C. e 200 a.C., aínda que se descoñece o lugar exacto do emprazamento da cidade gala.
En 52 a.C. cando os romanos tomaron a cidade, a rebautizaron chamándoa Lutetia, reconstruíndoa durante o século I na beira esquerda do río Sena.
Segundo a tradición medieval, San Dionisio foi o primeiro bispo da cidade a mediados do Século III. Outra lenda conta que Xenoveva, patroa de París, axudou no 451 á defensa da cidade contra os hunos.
París tomou o seu nome actual no século IV e Clodoveo I, rei dos francos a fixo capital 508, trala vitoria sobre os romanos.
Cando os Capetos conseguiron o trono de Francia en 987, París converteuse nunha das dúas grandes cidades do seu dominio persoal. Con Filipe Augusto (1190-1220) París converteuse definitivamente na capital do reino, construíndose daquela unha nova muralla que protexese un sector máis amplo da cidade. No século XIV, Carlos V (1371-1380) construíu unha muralla meirande a anteriormente citada.
Entre finais do século XVI e comezos do XVII, Henrique IV, construíu os primeiros conxuntos arquitectónicos modernos como a Place des Vosges. O seu sucesor Luís XIII estendeu a muralla de Carlos V sobre a beira dereita. Luís XIV destruíu esa muralla e ordenou construír no canto dela os primeiros grandes bulevares.
A finais do século XVIII, na fortaleza da Bastilla, atopada na parte oriental da cidade, iniciouse oficialmente o movemento que coñecido como a Revolución Francesa.
Trala súa autoproclamación de Emperador, Napoleón Bonaparte decidiuse por París para a capital do seu Imperio, logo de ter contemplado a Lión para tal privilexio.
Baixo o reinado de Luís Filipe, a cidade acelerou o seu ritmo de crecemento.
Con Napoleón III a cidade sufriu a súa transformación urbana máis significativa. O emperador comisionou ao Barón Haussmann para que executase os cambios necesarios para converter París na cidade máis moderna do mundo naquela época. Derrubándose unha gran parte da cidade antiga e medieval, dando paso aos grandes bulevares e edificios modernos, sendo o máis destacado a Ópera Garnier. Tamén se construíron canalizacións de augas e outros importantes adiantos en obras públicas. Este período chegou á súa fin trala caída do emperador como consecuencia da derrota sufrida polo seu exército na guerra franco-prusiana.
Durante a segunda metade do século XIX, París albergou varias exposicións que reunían a expositores de todo o mundo. A máis destacada tivo lugar en 1889 con motivo da conmemoración do primeiro centenario da revolución. Para este evento foi construída a Torre Eiffel, que, aínda que debía ser desmontada unha vez rematada a exposición, continúa actualmente no seu emprazamento orixinal (48º51'29.04"N 2º17'40.10"L).
Coa chegada do século XX a cidade comezou a construción do seu metro.
En 1940 a cidade foi tomada polo Wehrmacht (exército alemán) de Adolf Hitler no marco da Segunda Guerra Mundial. Durante a guerra, París estivo administrada polas forzas de ocupación, as cales a abandonaron despois de catro anos, sen causarlle danos de consideración, en comparación cos danos sufridos por outras cidades europeas durante a guerra.
Baixo a administración do segundo presidente François Mitterrand, na década dos 80 e comezos dos 90, a cidade recibiu un renovado impulso no seu urbanismo e infraestruturas. Renovándose sectores deprimidos da cidade, en particular barrios da beira esquerda e a Villette; levantándose novos edificios emblemáticos, como a biblioteca, o Arco da Defensa e o Museo de Orsay; renovándose tamén dun xeito radical o Museo do Louvre.
Xeografía
Paris está situado na parte central do norte de Francia, nun arco do río Sena no que hai dúas illas, a Île Saint-Louis e a máis grande Île de la Cité, e no que está a parte máis antiga da cidade. A desembocadura do Sena no Canal da Mancha está a 375 km de París. A cidade espállase amplamente por ambas beiras do río.[6] En xeral, a cidade é relativamente chá; o punto máis baixo está a 35 metros sobre o nivel do mar (msnm) e o máis alto, que é Montmartre, áchase a 135 msnm.
Excluíndo os parques periféricos do Bosque de Boulogne e o de Vincennes, París forma un óvalo de aproximadamente 87 km2 de superficie, rodeado por un anel de 35 km que forma a estrada periférica de París.[7]:69 A última gran anexión de París en 1860 de territorios periféricos non só lle deu a súa forma moderna senón que tamén creou os 20 distritos (municipios) nomeados en sentido horario. A superficie da cidade de 78 km2 en 1860 foi expandéndose marxinalmente ata chegar a ter 86,9 km2 na década de 1920. En 1929, os bosques de Boulogne e de Vincennes foron oficialmente anexados á cidade, co cal a superficie aumentou ata os arredor de 105 km2.[8] A superficie da área metropolitana de París é de 2.300 km2.[6]
Clima
París ten o típico clima oceánico do oeste europeo, influído pola Corrente do Atlántico Norte. O clima durante todo o ano é suave e moderadamente húmido.[9] Os días de verán son xeralmente cálidos e agradables cunha temperatura media entre 15 e 25°C, e boa cantidade de sol.[7]:309 Porén, cada ano hai uns poucos días nos que a temperatura elévase por riba dos 32°C. Ás veces ocorre que hai períodos máis longos de intensa calor, como sucedeu na vaga de calor de 2003 cando as temperaturas superaron os 30°C durante semanas, alcanzando os 40°C nalgúns días e refrescando poucas veces pola noite. A primavera e o outono teñen días suaves e noites frescas, aínda que as condicións son cambiantes e inestables; o tempo quente ou frío ocorre sorprendentemente en ambas estacións.[10] No inverno, os días son fríos e a luz solar escasa, as noites son frías mais xeralmente con temperaturas por riba da conxelación, ao redor de 3°C.[11] Non obstante, as xeadas nocturnas son moi comúns, pero a temperatura descende por baixo de -5°C só uns días ao ano. A neve cae todos os anos, pero raramente permanece no chan. Ás veces hai nevaradas lixeiras con ou sen acumulación.[12]
París ten unha precipitación anual media de 641 mm, e experimenta lixeiras choivas distribuídas ao longo de todo o ano. Porén, a cidade é coñecida polos abruptos e intermitentes ballóns que sofre. A maior temperatura rexistrada foi de 40,4°C o 28 de xullo de 1947, e a máis baixa foi de -23,9°C o 10 de decembro de 1879.[13]
Demografía
Ile-de-France départements | ||||
Áreas | Poboación 2005 est. |
Área (km²) |
Densidade (/km²) |
1999-2005 crecemento pob. |
Cidade de París (departamento 75) |
2.153.600 | 105 | 20.433 | +1,33% |
Anel interno (Petite Couronne) (Depts. 92, 93, 94) |
4.254.600 | 657 | 6.477 | +5,34% |
Anel externo (Grande Couronne) (Depts. 77, 78, 91, 95) |
4.991.100 | 11.249 | 426 | +4,25% |
Illa de Francia (rexión) |
11.399.300 | 12.011 | 949 | +4,08% |
Crecemento estatístico (Censo INSEE do 1999) | ||||
Áreas | Poboación 1999 census |
Área (km²) |
Densidade (/km²) |
1990-1999 crecemento pob. |
Área urbana (Paris aglomeración) |
9.644.507 | 2.723 | 3.542 | +1,85% |
Área metropolitana (Paris área urbana) |
11.174.743 | 14.518 | 770 | +2,90% |
A cidade de París tiña unha poboación de 2.125.246 habitantes no censo de 1999, cifra menor ao máximo de 2,9 millóns de habitantes que acadou en 1921. A perda de poboación da cidade reflicte a experiencia da maioría das grandes cidades do mundo desenvolvido que non expandiron as súas fronteiras. Os principais factores da perda foron a caída significante do tamaño dos fogares, e a espectacular emigración de residentes aos arrabais entre 1962 e 1975. Os factores da emigración inclúen a desindustrialización, as altas rendas, o aburguesamento dos barrios céntricos, a transformación do espazo residencial en espazo para oficinas e a mellora da calidade de vida das familias traballadoras.
As perdas poboacionais da cidade de París constitúen as maiores no mundo sobre unha poboación de 2 millóns de habitantes. As perdas de poboación son negativas para a cidade, polo que as autoridades están levando a cabo unha serie de medidas para fixar poboación con bastante éxito, conseguindo o primeiro medre poboacional na cidade dende 1954, en xullo do 2004, acadando unha poboación de 2.144.700 habitantes.
Densidade
París é unha das cidades de máis de 1 millón de habitantes máis densamente poboadas do mundo occidental. A súa densidade, excluíndo os parques periféricos de Boulogne e Vincennes, era de 24.448 habitantes por km² no censo oficial de 1999. Incluíndo estes dous parques era de 20.164/km², sendo a quinta comuna máis poboada de Francia despois de Le Pré-Saint-Gervais, Vincennes, Levallois-Perret, e Saint-Mandé, tódalas comunas situadas preto dos arrabais da cidade.
Os distritos cunha menor densidade poboacional atópanse na parte central e occidental da cidade. Os distritos maior poboados atópanse ao norte e no leste da cidade.
Organización administrativa
Logo da lei do 10 de xullo de 1964 sobre a reorganización da rexión parisiense, que entrou totalmente en vigor o 1 de xaneiro de 1968, a vila de París é á vez un departamento e un concello. Anteriormente e desde 1790, París era a capital do departamento do Sena. O concello de París divídese en 20 distritos municipais e en 21 circunscricións electorais. A sede da administración municipal está na Mairie de Paris, tamén coñecida como Hôtel de ville de Paris.
A aglomeración de París
A cidade de París é moito máis pequena que a súa área urbana e metropolitana. Actualmente, a área urbana da cidade (agglomeration) ocupa un anel de tres "départements" ou barrios - tamén coñecido como "petite couronne" (pequeno anel) - e esténdese cara a un anel exterior de catro "grande couronne départements". Estes oito départements xuntos completan a rexión de Illa de Francia.
A aglomeración de París ou área urbana (unité urbaine) ten unha extensión de 2.723 km², sendo 26 veces maior que a propia cidade de París. Ao unirse a aglomeración urbana de París máis a súa área metropolitana (aire urbaine) forman unha extensión de 14.518 km2 ou o que é o mesmo, unha área 138 veces maior á propia cidade de París, chegando a superar as fronteiras da rexión da Illa de Francia.
Monumentos máis importantes
Edificios
- A Sainte-Chapelle
- A Catedral de Nôtre Dame
- O Panteón
- A Torre Montparnasse
- Os Inválidos e a tumba de Napoleón
- A Torre Eiffel
- Arco do Triunfo
- A Ópera Garnier
- O Sagrado corazón
Xardíns
- Parque do Bois de Boulogne
- Parque do Bois de Vincennes
- Parque Monceau
- Parque Montsouris
- Parque das Buttes-Chaumont
- Xardín das Tullerías
- Xardín de Luxemburgo
Principais museos
- Museo do Louvre
- Centro Georges Pompidou
- Museo Picasso
- Museo de Orsay
- Museo Rodin
- Instituto do Mundo Árabe
Lugares públicos
- As ribeiras do Sena
- O barrio de Saint-Germain-des-Prés
- O Marais
- A Praza da Bastilla
- A Ponte de Alexandre III
- A Praza da Concordia
- Os Campos Elisios
- Montmartre
Predecesor: Berlín |
Capital Europea da cultura 1989 |
Sucesor: Glasgow |
Notas
- ↑ INSEE. "Populations légales 2006" (en francés). Consultado o 2 de marzo de 2009.
- ↑ INSEE. "INSEE - 99 % des franciliens vivent dans l’aire urbaine de Paris" (PDF) (en francés). Consultado o 2 de marzo de 2009.
- ↑ "Madrid puede convertirse en la metrópoli más importante de Europa tras París y Londres". El Economista (en castelán). Consultado o 2 de marzo de 2009.
- ↑ "Défense 2015". ViaMichelin (en castelán). Consultado o 2 de marzo de 2009.[Ligazón morta]
- ↑ "Visitan París 26 millones de personas al año". El Universal (en castelán). Consultado o 24 de marzo de 2009.
- ↑ 6,0 6,1 Encyclopædia Britannica Online (ed.). "Paris" (en inglés). Consultado o 4 de xullo de 2013.
- ↑ 7,0 7,1 Lawrence, Rachel; Gondrand, Fabienne (2010). Insight Guides, ed. Paris (City Guide) (en inglés) (12 ed.). Londres. ISBN 9789812820792.
- ↑ Paris.fr, ed. (15 de novembro de 2007). "Key figures for Paris". Mairie de Paris. Arquivado dende o orixinal o 6 de marzo de 2009. Consultado o 5 de maio de 2009.
- ↑ Paris.com (ed.). "Climate" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 8 de marzo de 2013. Consultado o 29 de xuño de 2013.
- ↑ Paris Convention and Visitors Bureau (ed.). "Climate in Paris". ParisInfo (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2014. Consultado o 29 de xuño de 2013.
- ↑ Courtney Traub (31 de xaneiro de 2018). "Visiting Paris in the Winter: A Complete Guide". tripsavvy (en inglés). Consultado o 27 de febreiro de 2018.
- ↑ Kelby Carr (30 de novembro de 2017). "Weather in France - Climate and Temperatures of French Cities". tripsavvy (en inglés). Consultado o 27 de febreiro de 2018.
- ↑ Institut National de la Statistique et des Études Économiques (ed.). "Géographie de la capitale – Le climat" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 3 de outubro de 2006. Consultado o 24 de maio de 2006 – vía Paris.fr.
Véxase tamén
Commons ten máis contidos multimedia sobre: París |
Outros artigos
Bibliografía
- Ayers, Andrew (2004). The Architecture of Paris. Axel Mendes. ISBN 9783930698967.
- Rachel Lawrence, Fabienne Gondrand ‘’et al.’’ (2010). Paris (City Guide) (12th ed.). London: Insight Guides. ISBN 9789812820792.
- Paris (Tourist Guide). Paris: Michelin. 1990. ISBN 2060135516.
- Vincent Cronin (1989). Paris on the Eve, 1900–1914. New York: Harper Collins. ISBN 0-312-04876-9.
- Vincent Cronin (1994). Paris: City of Light, 1919–1939. New York: Harper Collins. ISBN 0-00-215191-X.
- Jean Favier (23 April 1997). Paris (en French). Fayard. ISBN 2-213-59874-6.
- Jacques Hillairet (22 April 2005). Connaissance du Vieux Paris (en French). Rivages. ISBN 2-86930-648-2.
- Colin Jones (2004). Paris: The Biography of a City. New York: Penguin Viking. ISBN 0-670-03393-6.
- Bernard Marchand (1993). Paris, histoire d'une ville : XIXe-XXe siècle (en French). Paris: Le Seuil. ISBN 978-2-02-012864-3.
- Rosemary Wakeman (2009). The Heroic City: Paris, 1945–1958. University of Chicago Press. ISBN 978-0-226-87023-6.
Ligazóns externas
- Páxina web oficial da cidade
- Galegos no Mundo, París, programa da TVG.