O rapto de Europa (Oliveira): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m HombreDHojalata moveu a páxina "O rapto de Europa (Samil)" a "O rapto de Europa (Oliveira)"
Sen resumo de edición
Liña 4: Liña 4:
'''''O rapto de Europa''''' é unha [[escultura]]-monumento de bronce de [[Juan Oliveira Viéitez]] ergueito en [[1991]] e situado ao final da avenida de Europa, no medio dunha rotonda á beira da mesma [[praia de Samil]], en [[Samil, Navia, Vigo|Samil]] ([[Vigo]]).
'''''O rapto de Europa''''' é unha [[escultura]]-monumento de bronce de [[Juan Oliveira Viéitez]] ergueito en [[1991]] e situado ao final da avenida de Europa, no medio dunha rotonda á beira da mesma [[praia de Samil]], en [[Samil, Navia, Vigo|Samil]] ([[Vigo]]).


Representa á princesa fenicia [[Europa (mitoloxía)|Europa]] da mitoloxía grega da cabalo dun touro, todo en [[bronce]]. Ten 7 metros de alto e pesa 1500 quilos. A escultura érguese sobre unha rocha de granito que fica no medio dun pequeno encoro con chafarices. A obra supón tecnicamente un logro, xa que consigue unha sorprendente sensación aérea a través das cavidades e baleirados das figuras.<ref>[http://www.turismodevigo.org/gl/o-rapto-de-europa Web de Turismo de Vigo]</ref>
Representa á princesa fenicia [[Europa (mitoloxía)|Europa]] da mitoloxía grega da cabalo dun touro, todo en [[bronce]]. Ten 7 metros de alto e pesa 1500 quilos. A escultura érguese sobre unha rocha de granito que fica no medio dun pequeno encoro con chafarices. A obra supón tecnicamente un logro, xa que consegue unha sorprendente sensación aérea a través das cavidades e baleirados das figuras.<ref>[http://www.turismodevigo.org/gl/o-rapto-de-europa Web de Turismo de Vigo]</ref>


== Simbolismo ==
== Simbolismo ==

Revisión como estaba o 21 de xullo de 2014 ás 20:58

Vista d'O rapto de Europa de Oliveira, en Samil (Vigo).

O rapto de Europa é unha escultura-monumento de bronce de Juan Oliveira Viéitez ergueito en 1991 e situado ao final da avenida de Europa, no medio dunha rotonda á beira da mesma praia de Samil, en Samil (Vigo).

Representa á princesa fenicia Europa da mitoloxía grega da cabalo dun touro, todo en bronce. Ten 7 metros de alto e pesa 1500 quilos. A escultura érguese sobre unha rocha de granito que fica no medio dun pequeno encoro con chafarices. A obra supón tecnicamente un logro, xa que consegue unha sorprendente sensación aérea a través das cavidades e baleirados das figuras.[1]

Simbolismo

A figura simboliza o rapto de Europa. Aparece o deus Zeus transformado en touro e sobre el a deusa da mitoloxía grega, Europa, coa bandeira da Unión Europea. [2] Europa era unha princesa fenicia, á que Zeus raptou convertido nun touro branco. Esta lenda foi moi representada na arte ao longo da historia.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos