Ourense: Diferenzas entre revisións
Liña 414: | Liña 414: | ||
== Ourense na cultura popular == |
== Ourense na cultura popular == |

* ''As nenas de Pontevedra
son o mesmo cás de Ourense,
son sen quitarlles nin porlles
como tódalas mulleres''. |
* ''As nenas de Pontevedra
son o mesmo cás de Ourense,
son sen quitarlles nin porlles
como tódalas mulleres''. |

* ''Tres cousas hai en Ourense
que non as hai en España,
O Santo Cristo, a Ponte
e a Burga fervendo auga''. |

== Cidades irmandadas == |
== Cidades irmandadas == |
Revisión como estaba o 9 de agosto de 2012 ás 12:27
Coordenadas: 42°19′48″N 07°52′12″O / 42.33000, -7.87000
Ourense | ||||||

Situación | ||||||
Xentilicio[1] | ourensán/ourensana - auriense | |||||
Xeografía | ||||||
Provincia | Provincia de Ourense | |||||
Comarca | Comarca de Ourense | |||||
Poboación | 108.002 hab. (2011)[2][3] | |||||
Área | 84,5 km²[3] | |||||
Densidade | 1.278,13 hab./km² | |||||
Entidades de poboación | 21 parroquias[4] | |||||
Capital do concello | Ourense | |||||
Política (2011) | ||||||
Alcalde | Francisco Rodríguez Fernández (PSdeG-PSOE) | |||||
Concelleiros | BNG: 3 concelleiros PPdeG: 11 concelleiros PSdeG-PSOE: 11 concelleiros Outros: DO - 2 | |||||
Eleccións municipais en Ourense | ||||||
Uso do galego[5] (2001) | ||||||
Galegofalantes | 89,92% | |||||
Na rede | ||||||
www.ourense.es | ||||||
[ editar datos en Wikidata ] |
Ourense é a terceira cidade de Galicia por poboación despois de Vigo e da Coruña, capital da Provincia de Ourense. Segundo o IGE, tiña 108.002 habitantes no 2011 (108.600 en 2004) e é cabeza da Comarca de Ourense.
Está atravesada polos ríos Miño, Barbaña e Loña. É coñecida como "A cidade das Burgas" debido á sona das súas famosas fontes de augas termais (a auga sae a 60-68 °C).
Destacan como monumentos a Catedral de Ourense (s.XII) co seu Pórtico do Paraíso e o Santo Cristo, a ponte Romana, o claustro de San Francisco, a igrexa da Trindade e a de San Domingo, e o conxunto do seu casco antigo, en proceso de recuperación.
Cidade termal por excelencia, ademais das Burgas o visitante pode gozar das augas termais do balneario da Chavasqueira (de inspiración xaponesa), O Tinteiro, Muíño da Veiga e Outariz. Están moi próximos á capital os centros balnearios da Arnoia, Baños de Molgas, Laias e O Carballiño.
Etimoloxía
Bautizada polos romanos como "A cidade de ouro" (Auriense) pola súa abundancia neste metal precioso, foi unha importante cidade da provincia romana de Hispania ata que se esgotaron as súas reservas deste mineral, que se atopaba no Río Miño. Un topónimo relacionado é o da próxima praia fluvial de Oira.
Tamén se cre que o nome da cidade vén do latín aquare urente (Augas abrasadoras), ou do xermánico Warmse (Lago quente), polas coñecidas fontes de augas termais, As Burgas, (nome derivado do latín Burca que significa pía), unha das moitas que existen no Concello.
Símbolos
O escudo de Ourense está formado por un fondo de prata sobre ondas de azur e prata que representan á auga, sobre a auga aparece unha ponte de ouro de cinco arcos. Na parte esquerda do escudo, sobre a ponte, aparece un castelo macenado de sabre e aclarado de gules. Á dereita do escudo pódese ver un león completamente dourado que terma dunha espada do mesmo metal. No centro do escudo apréciase unha coroa real pechada. Finalmente, o escudo está timbrado por unha coroa real, forrada de gules, ou vermello, pechada, que é un círculo de ouro, engastado de pedras preciosas, composto de oito floróns de follas de acanto, visibles cinco, interpoladas de perlas e de cada unha das súas follas saen cinco diademas sumadas de perlas que converxen nun mundo azur, co semimeridiano e o ecuador de ouro, e de cruz de ouro.
Historia
- Artigo principal: Historia de Ourense.
Aínda que había asentamentos castrexos á beira do Miño e do Loña como os de Valdegola, Oira e San Tomé a cidade ten a súa orixe no asentamento romano a carón das Burgas e da guarnición da ponte romana.
Situada preto da Vía Nova que unía Bracara Augusta (hoxe Braga en Portugal) con Asturica Augusta (hoxe Astorga) a cidade mantivo importancia tras a época romana pola súa ponte e situación central na antiga Gallaecia.
Foi corte real dos suevos crese que durante o reinado de Carriarico/Teodomiro que foi o que fundou a primeira igrexa dedicada a San Martiño de Tours.
Tras as incursións árabes e normandas do século X, iníciase unha lenta recuperación. En 1084 o bispo Ederonio restaura a catedral, hoxe Igrexa de Santa María Nai.
Mais será durante o bispado de don Lourenzo cando dona Tareixa de Portugal concede a xurisdición da cidade ao bispo e aos seus sucesores en 1122 situación que se mantería ata o século XVII.
Ao longo da Idade Moderna Ourense foi cidade de cregos, nobres e funcionarios, sendo a súa industria a do viño, que se mantivo ata as pragas de finais do XIX. Neste século a cidade vai incrementar a súa poboación coa construción da Estrada Villacastín-Vigo, e a nova liña férrea Monforte-Vigo tamén fai medrar a cidade, que se espalla máis aló do tradicional casco vello.
Durante o século XX este crecemento mantívose: Ourense continuou a ser o centro administrativo da provincia gañando un notable pulo comercial ligado a emigración procedente de Zamora, Logroño e León que aparece atraída polas novas vías de comunicación.
Actualmente Ourense é un importante nó de comunicacións onde se cruzan tres autoestradas, catro Estradas Nacionais, así como catro vías de ferrocarril. A estación Ourense-Empalme, unha das dúas estacións coa que conta a cidade, é a máis importante de Galicia, dende onde se centraliza todo ao tráfico ferroviario do noroeste da Península.
Xeografía
- Altura máxima de 134 metros
- Latitude: 42º 19' 48" N
- Lonxitude: 07º 52' 12" W
- Superficie: 85,2 km².
Clima
A situación climatolóxica de Ourense é moi especial. Conta cun clima oceánico cunha forte influencia do clima continental. A situación xeográfica da cidade, metida nun val, fai que os veráns sexan dunha extrema dureza acadando a maioría das veces temperaturas superiores aos 35 °C en verán. En inverno as temperaturas son baixas, aínda que a maioría das veces non baixan dos 0 °C. A temperatura máxima máis alta rexistrada na historia foi de 42,6 °C en xullo de 1990 e a temperatura mínima máis baixa foi de -8,6 °C o día de Nadal de 2001.
Parámetros climáticos promedio de Ourense (1931-1960) | |||||||||||||

Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Ano |
Temperatura media (°C) | 6,9 | 7,7 | 10,8 | 12,6 | 16,0 | 19,4 | 22,1 | 21,4 | 19,2 | 14,7 | 10,0 | 7,7 | |
Precipitacións (mm) | 90 | 78 | 99 | 56 | 62 | 42 | 17 | 20 | 43 | 89 | 95 | 128 | |
Fonte: AEMET |
Parámetros climáticos promedio de Ourense (1972-2000) | |||||||||||||

Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Ano |
Temperatura máxima absoluta (°C) | 22,0 | 25,0 | 30,6 | 32,9 | 37,4 | 40,9 | 42,6 | 42,2 | 41,1 | 33,0 | 25,0 | 22,4 | |
Temperatura máxima media (°C) | 12,1 | 14,7 | 18,1 | 19,0 | 22,3 | 26,7 | 29,7 | 29,9 | 26,6 | 20,9 | 15,5 | 12,7 | |
Temperatura media (°C) | 7,5 | 9,2 | 11,4 | 12,7 | 15,7 | 19,4 | 22,1 | 22,0 | 19,4 | 15,1 | 10,8 | 8,5 | |
Temperatura mínima media (°C) | 2,9 | 3,7 | 4,6 | 6,3 | 9,2 | 12,2 | 14,6 | 14,2 | 12,3 | 9,3 | 6,1 | 4,4 | |
Temperatura mínima absoluta (°C) | -7,0 | -8,0 | -6,8 | -3,2 | -0,4 | 2,4 | 6,4 | 1,5 | 3,0 | -3,0 | -6,8 | -8,6 | |
Precipitacións (mm) | 90 | 81 | 54 | 70 | 67 | 39 | 19 | 23 | 57 | 97 | 93 | 124 | |
Horas de sol | 87 | 105 | 167 | 180 | 199 | 239 | 272 | 270 | 201 | 138 | 90 | 70 | |
Humidade relativa media (%) | 75 | 69 | 62 | 62 | 62 | 60 | 59 | 59 | 63 | 70 | 75 | 77 | |
Fonte: AEMET |
Demografía
Segundo datos do INE do 2006, o concello de Ourense conta con 107.057 habitantes situados polo centro urbano (99.791 hab.) e as 21 parroquias das que consta o concello (7.266 hab). A densidade de poboación é de 1.266,95 hab./km². Evolución da poboación do concello:
Evolución da poboación desde | |||||||||||
1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2001 | 2008 | |
15.194 |
15.998 | 17.581 | 21.579 | 28.397 | 55.574 | 64.153 | 73.379 | 96.085 | 108.382 | 109.051 | 107.057 |
Política
- Véxase tamén: Alcaldes de Ourense.
Ourense é a capital da provincia, así mesmo cabeceira dunha comarca e partido xudicial. Ourense é a sede da Audiencia e Xulgados Provincias, a Deputación Provincial de Ourense, as delegacións da Xunta de Galicia e de varios organismos da Administración Xeral do Estado como a Subdelegación do Goberno, a Comisaría da Policía Nacional, o INSS e outros.
Tras as eleccións municipais do 2007 o goberno da cidade desempéñao unha coalición do PSdeG e o BNG, sendo alcalde o socialista Francisco Rodríguez.
Economía
A maior parte da cidadanía de Ourense traballa no sector servizos, aínda que tamén ten importancia o sector secundario, xa que a cidade conta con numerosas fábricas relacionadas coa química e os seus derivados. A cidade tamén recibe a influencia do Parque Tecnolóxico de Galicia, que aínda que non se atopa no concello de Ourense, aporta grandes beneficios á cidade.
Lugares de interese
Monumentos
Ourense dispón dun amplo patrimonio histórico entre o que cabe destacar os seguintes monumentos e lugares:
- Catedral de San Martiño
- As Burgas
- Igrexa da Santísima Trindade
- Ponte Maior de Ourense
- Pazo de Velle
- Pazo provincial de Ourense
- Igrexa de Santo Domingo
- Pazo de Oca-Valladares
- Igrexa de Santa María Nai
- Ponte de Loña
- Praza Maior
- Praza do Trigo
- Praza do Ferro
Teatros e cines
Museos
- Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
- Museo Municipal de Ourense
- Museo Catedralicio de Ourense, de arte sacra.
- Museo Internacional de Cornamusas, exposición de gaitas e cornamusas procedentes de todo o mundo.
- Centro de exposicións Caixanova, exposicións temporais nas que teñen cabida todo tipo de manifestacións artísticas, con especial presenza das artes plásticas.
- Colección de trens Fernández Pacheco Outeiriño, reflicte a historia e evolución do ferrocarril universal a través de máis de 4.000 pezas.
Transportes
Estradas
O principal acceso á cidade é a autovía A-52 que comeza en Vigo, e logo de pasar O Porriño, Ribadavia e Ourense, diríxese cara Verín, Pobra de Seabra e Benavente, onde desemboca na autovía A-6 a Madrid. Outro acceso é a AP-53 (chamada AG-53 nunha parte do seu percorrido) que procede de Santiago de Compostela e logo de pasar por Lalín xúntase coa A-52. Outras estradas de importancia son a N-120 que une Logroño e Vigo, pasando por Burgos, León, Ponferrada e Monforte de Lemos e que no futuro será a A-76; a N-525 que procede de Santiago e vai a Verín, e a N-540 que une Ourense con Lugo e que acaba 10 km ao norte da cidade na N-525 e que nun futuro será a A-56. Finalmente hai una autovía urbana, a OU-11 que conecta a A-52 co barrio do Couto, o centro da cidade e a N-120 para desconxestionar os accesos á cidade.
Ferrocarril
A rede de ferrocarril ten o seu centro na estación do Empalme, aínda que hai unha segunda estación na cidade, a de San Francisco, onde paran trens rexionais a Pobra de Seabra. Tamén existe unha terceira estación, a de Santa Cruz de Arrabaldo, apeadoiro de trens rexionais situado na parroquia de Arrabaldo, fóra do núcleo urbano.
A estación de Ourense-Empalme é a máis importante da cidade e tamén de Galicia, debido á confluencia das liñas Santiago-Madrid e Monforte-Vigo, sendo o distribuidor máis importante da comunidade actualmente. A parte de ter servizos de Media Distancia, hai trens diarios a cidades como Madrid, Barcelona, Hendaia e Bilbao. Está previsto que en 2012 cheguen tamén á estación trens de alta velocidade.
Transporte público
En Ourense hai 28 liñas urbanas de autobús xestionadas pola empresa Urbanos de Ourense, que vertebran tódolos barrios da cidade. Una delas, a liña 25, coñecida como Moucho Bus, circula só polas noites. A liña 19 une o centro da cidade coas Termas de Outariz e coñécese como Tren turístico das Termas. Tamén hai servizo de taxis, que teñen paradas nos principais lugares da cidade.
Existe tamén varias liñas rexionais e nacionais de autobús que parten da estación de autobuses de Ourense.
Deporte
As institucións deportivas con máis tradición na cidade son:
- Club Deportivo Ourense, equipo de fútbol da Terceira división española.
- Ourense Fútbol Sala
- Club Ourense Baloncesto, que está na LEB Ouro.
- Club Waterpolo Pabellón Ourense, club que xoga na Liga Galega de Waterpolo.
Ourense na cultura popular
- As nenas de Pontevedra
son o mesmo cás de Ourense,
son sen quitarlles nin porlles
como tódalas mulleres. - Tres cousas hai en Ourense
que non as hai en España,
O Santo Cristo, a Ponte
e a Burga fervendo auga.
Cidades irmandadas
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Ourense.

Vista da Catedral, desde a Plaza do Correxidor.

Casa do concello.
Parroquias
Lugares de Ourense
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ourense vexa: Lugares de Ourense.
Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Ourense".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ourense |