Eleccións municipais en Ourense
Corporacións democráticas en Ourense desde a aprobación da Constitución de 1978.
Eleccións | PPdeG | BNG | PSdeG-PSOE | CDS | Independentes de Galicia | Democracia Ourensana | CG | UCD | PCG | Independentes | OUeC | Alcalde * | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1979 | 5 | 2 | 5 | 9 | 2 | 2 | José Luis López Iglesias (UCD) | ||||||
1983 | 11 | 10 | 4 | Antonio Caride-Tabarés Castro (CP) | |||||||||
1987 | 11 | 0 | 10 | 3 | 3 | Jorge Bermello (AP) | |||||||
1991 | 12 | 2 | 10 | 3 | Manuel Veiga Pombo (PSdeG-PSOE) | ||||||||
1995 | 14 | 6 | 7 | Manuel Cabezas (PPdeG) | |||||||||
1999 | 14 | 7 | 6 | Manuel Cabezas (PPdeG) | |||||||||
2003 | 14 | 7 | 6 | Manuel Cabezas (PPdeG) | |||||||||
2007 | 13 | 6 | 8 | Francisco Rodríguez Fernández (PSdeG-PSOE) | |||||||||
2011 | 11 | 3 | 11 | 2 | Francisco Rodríguez Fernández (PSdeG-PSOE) | ||||||||
2015 | 10 | 6 | 8 | 3 | Xesús Vázquez Abad (PPdeG) | ||||||||
2019 | 7 | 2 | 9 | 7 | Gonzalo Pérez Jácome (Democracia Ourensana) | ||||||||
* No campo alcalde só se recolle o elixido en primeiro lugar nesa corporación. |

- 1979 Alcalde: José Luis López Iglesias — UCD
Aos primeiros comicios democráticos presentáronse oito forzas políticas. A vencedora foi a Unión de Centro Democrático, cun 32,22% dos votos, e 9 concelleiros. Á fronte deles estaba o enxeñeiro José Luis López Iglesias, que acabaría sendo o alcalde, e como número 5 ía Victorino Núñez. En segunda posición quedou a Coalición Democrática, cun 20,34% dos votos e 5 concelleiros. A candidatura popular estaba encabezada polo home de prol local Celso Vázquez-Gulías, e nela figuraba tamén, como número 5, Ángel Villanueva Cendón. En terceira posición figurou o Partido Socialista Obrero Español, co 17,98% dos votos e tamén 5 concelleiros. A candidatura estaba liderada polo mestre Manuel Sueiro e como número 3 figuraba Manuel Veiga Pombo.[1][2].
Tamén foron elixidos concelleiros do Partido Comunista de Galicia, do BNPG e dunha candidatura de independentes, chamada Independientes Saa-Carvajales. O PCG obtivo un 9,08% dos votos e dous concelleiros, liderados polo médico Manuel Peña Rey. A candidatura nacionalista obtivo o 8,99% dos votos e 2 concelleiros, e estaba encabezada por Norberto Tabarés. O líder dos independentes (6,86% e 2 concelleiros) era Adolfo Saa, mestre, e foi a única candidatura que apoiou a investidura de López Iglesias.
Ademais, presentáronse o Partido Socialista Obrero Español (Histórico), encabezado polo líder veciñal Manuel Villar, que obtivo un 3,76% e mais o Movemento Comunista de Galicia, do profesor Enrique Pujales, que obtivo o 0,77% dos sufraxios. Ningunha destas formacións conseguiu representación.

- 1983 Alcalde: Antonio Caride-Tabarés Castro — CP

- 1987 Alcalde: Jorge Bermello Fernández — AP ; Manuel Veiga Pombo (1987-1991) PSdeG-PSOE ; José Luis Mondelo García (1991) IG.

- 1991 Alcalde: Manuel Veiga Pombo — PSdeG-PSOE

- 1995 Alcalde: Manuel Jaime Cabezas Enríquez — PPdeG

- 1999 Alcalde: Manuel Jaime Cabezas Enríquez — PPdeG

- 2003 Alcalde: Manuel Jaime Cabezas Enríquez — PPdeG ; Enrique Nóvoa López (2007)

- 2007 Alcalde: Francisco Rodríguez Fernández — PSdeG-PSOE

- 2011 Alcalde: Francisco Rodríguez Fernández — PSdeG-PSOE ; Marga Martín - PSdeG-PSOE (en funcións) ; Agustín Fernández Gallego PSdeG-PSOE

- 2015 Alcalde: Xesús Vázquez Abad — PPdeG
- Candidatos: Xesús Vázquez Abad (PP), Gonzalo Pérez Jácome (Democracia Ourensana), José Ángel Vázquez Barquero (PSdeG-PSOE), Miguel Doval Garza (Ourense en Común), Susana María García Rodríguez (BNG), Aurelio Prado Rodríguez (ANOVA), José Mosquera Casero (CxG-CCTT), Alexandra González Ferreiro (PACMA), Olga María Fabello García (UPyD), Luis Fernando José Riobó Izquierdo (Movimiento RED) e Fernando Alonso Lorenzo (Coalición Galega).[3]

- 2019 Alcalde: Gonzalo Pérez Jácome - Democracia Ourensana
- Goberno en coalición de PPdeG e DO.
- En setembro de 2020 os concelleiros do PPdeG abandonan o goberno, pasando a ser un goberno de DO en minoría.
- En xuño do 2021 os concelleiros do PPdeG volven formar parte do goberno local, reeditando así o goberno en coalición de PPdeG e DO.

Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Maribel Outeiriño: Ourense en 4 tiempos: Los nuevos concejales, La Región, 22 de abril de 2004.
- ↑ Los partidos presentan sus candidatos a las alcaldías, ABC, 18 de febreiro de 1979.
- ↑ Xunta Electoral de Zona de Ourense. Candidaturas presentadas para as eleccións municipais do ano 2015 Boletín Oficial da provincia de Ourense, 22/04/2015.