Urbanos de Ourense

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Autobuses Urbanos de Ourense S.L., ou símplemente Urbanos de Ourense é unha empresa galega de transportes que se encarga da prestación do servizo de transporte público urbano á cidade de Ourense dende que foi constituída no ano 2005. A sociedade está constituída por varias empresas como Vitrasa, Auto-Res, Grupo Alfer, Autos González e Autos A.González.

Liñas[editar | editar a fonte]

Actualmente Urbanos de Ourense conta cun total de 27 liñas, amais de dúas liñas nocturnas (Moucho Bus) operativas os venres, sábados e vésperas de festivos:

  • 1: Seixalbo - U. Laboral - Quintela
  • 2: Seixalbo - Cudeiro
  • 3: Quintela - Rairo
  • 4: Covadonga - Residencia - Berrocas
  • 5: Ceboliño - Reza
  • 6A: Estación Autobuses - Residencia
  • 6B: Estación Autobuses - Couto - Residencia
  • 7: Covadonga - Valenzá
  • 9: Mende - Residencia - Curuxeiras
  • 10: Cabeza de Vaca - Velle
  • 11A: Santa Mariña - Oira
  • 11B: Vinteún - Cuartel
  • 12: Estación Autobuses - Pazo Deportes - Expourense
  • 13A: Palmés - Residencia
  • 13B: Palmés - Cuña
  • 14: Viso - Cumial
  • 15: Santa Cruz - Parque San Lázaro
  • 16: Vinteún - Pazo Deportes - Expourense
  • C17: Fechos - Fonsillón - Rabo de Galo - Mende
  • 18: Milagrosa - Residencia
  • 19: Praza Maior - Termas de Outariz
  • 20: Vinteun - San Lázaro - Campus
  • 21: 6º Instituto - Peliquin - Avda. Portugal - Residencia
  • 22: Cudeiro - Rairo
  • 23: Xardín do Posío - Oira
  • 25A: Moucho Bus: Cuña - Vinteún
  • 25B: Moucho Bus: Residencia - Estación Bus
  • 26: Chavasqueira - Residencia
  • 27: Polvorín - Velle
  • 33: Quintela - Cumial

Percorridos turísticos[editar | editar a fonte]

Urbanos de Ourense tamén explota o tren turístico Tren das Termas (liña 19), que cobre o percorrido entre a Praza Maior e as Termas de Outaríz con distintos percorridos de ida e volta.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]