Seixalbo, Ourense

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Seixalbo
Concello Ourense
Área 6 km²
Poboación 1088 hab. (2011)
Densidade 181,33 hab./km²
Entidades de poboación 10

San Breixo de Seixalbo é unha parroquia situada ó sur do concello de Ourense. En 2011, segundo o IGE, tiña 1.088 habitantes (531 homes e 557 mulleres).

Ten unha extensión aproximada duns 6 km². Esténdese dende o cruzamento da antiga estrada de Celanova por San Cibrao das Viñas, ata o alto do Cumial, límite co concello de San Cibrao das Viñas, do que a separa o río Barbaña.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

No lugar de Zaín está a capela da Virxe do O, tamén coñecida como capela da Virxe da Esperanza ou da Expectación. Ten nave de planta rectangular con muros de cachotería concertada de granito. Na portada con arco de medio punto ten porta de dúas follas. A espadana é dun só arco, con pequeno campanil, rematada en cruz de pedra. A cuberta prolóngase até unha cercha apoiada en piares de madeira formando un acolledor cabido[1].

Entre Zaín e Zaín de Abaixo, preto da capela, hai un cruceiro de plataforma. Ao seu carón ten restos dun pedestal cúbico. Ten varal de sección circular, moi erosionado e desgastado, e a cruz tamén moi erosionada de forma singular, feita de cemento[2].

Nas Curuxeiras está a capela de San Blas, construída sobre unha plataforma horizontal. Ten planta rectangular, con muros de cachotería concertada de granito. A portada é adintelada, con porta de dúas follas e un pequeno oco na cara norte. A espadana é recente, con forma semicircular, rematada en cruz de pedra[3].

Preto desta capela está a Casona da Torre. Ten planta rectangular de dúas alturas, con muros de cachotería concertada. A fachada nordeste ten balcón e ventá singular. Accédese a ela por un portalón con arco. Segundo a tradición podería ter a súa orixe nunha antiga torre medieval[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Capela da Virxe do O de Seixalbo na páxina web Patrimonio Galego.
  2. Casona A Torre nas Curuxeiras na páxina web Patrimonio Galego.
  3. Capela de san Blas das Curuxeiras na páxina web Patrimonio Galego.
  4. Cruceiro en Zaín na páxina web Patrimonio Galego.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Seixalbo[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Seixalbo no concello de Ourense

Bemposta | O Cumial | As Curuxeiras | Lanza Carreira | Penouzos | Porteiro de Abaixo | Seixalbo | Soutoverde | Tenencia de Zaín | Zaín

Parroquias de Ourense[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Ourense

Arrabaldo (Santa Cruz) | Beiro (Santa Baia) | Cabeza de Vaca (San Bieito) | Canedo (San Miguel) | O Castro de Beiro (Santo André) | Ceboliño (Bo Xesús) | Cudeiro (San Pedro) | Montealegre (A Milagrosa) | Ourense | Palmés (San Mamede) | Rairo (Santa Lucía) | Reza (Santa María) | Santa Mariña do Monte (Santa Mariña) | Santiago das Caldas (Santiago) | Seixalbo (San Breixo) | Tras do Hospital (A Asunción) | Trasalba (San Pedro) | Untes (Santo Estevo) | Velle (Santa Marta) | Vilar de Astrés (Purísima Concepción) | Vista Fermosa (San Xosé)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]