Palmés, Ourense

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Palmés
Monasterio de Santa Comba de Naves.jpg
Mosteiro de Santa Comba de Naves.
Concello Ourense
Poboación 254 hab. (2014)
Entidades de poboación 13

San Mamede de Palmés é unha parroquia situada ao norte do concello de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 254 habitantes (127 homes e 127 mulleres). Entre 1836 e 1943 pertenceu ao Concello de Canedo.[Cómpre referencia]

Patrimonio[editar | editar a fonte]

O mosteiro de Santa Comba de Naves foi un mosteiro beneditino. Pénsase que foi fundado no ano 888 por Afonso III. O 26 de abril de 1499, prior da orde de San Bieito de Valladolid, incorporou o mosteiro de Naves e mais o de San Pedro de Rocas ao mosteiro de Celanova. Porén, o 23 de xullo dese mesmo ano decidiu asocialos ao mosteiro de San Paio de Antealtares, pero Celanova presentou un recurso en Valladolid. Finalmente, o papa León X validou a anexión a Celanova, que xa declarara Xulio II. Desde entón, Santa Comba é un priorado administrativo de Celanova. Na idade moderna foi abandonado, sendo reconstruído en 1760, e estivo activo con tres ou catro monxes até a desamortización de 1836.

A construción tiña planta baixa e dous andares, con capacidade para 12 monxes. Tiña unha capela de época moderna e un pombal.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Palmés[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Palmés no concello de Ourense

Anaigo | A Burata | O Burgo | Campo Novo | A Conchada | A Lama | Naves | O Outeiro | Palmés | O Pereiro | Pradobó | Reboredo | Saceda

Parroquias de Ourense[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Ourense

Arrabaldo (Santa Cruz) | Beiro (Santa Baia) | Cabeza de Vaca (San Bieito) | Canedo (San Miguel) | O Castro de Beiro (Santo André) | Ceboliño (Bo Xesús) | Cudeiro (San Pedro) | Montealegre (A Milagrosa) | Ourense | Palmés (San Mamede) | Rairo (Santa Lucía) | Reza (Santa María) | Santa Mariña do Monte (Santa Mariña) | Santiago das Caldas (Santiago) | Seixalbo (San Breixo) | Tras do Hospital (A Asunción) | Trasalba (San Pedro) | Untes (Santo Estevo) | Velle (Santa Marta) | Vilar de Astrés (Purísima Concepción) | Vista Fermosa (San Xosé)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]