Beiro, Ourense
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Beiro.
| Beiro | |
|---|---|
Igrexa de Santa Baia de Beiro. | |
| Concello | Ourense[1] |
| Provincia | Ourense |
| Coordenadas | 42°23′02″N 7°54′10″O / 42.383758333333, -7.9026888888889 |
| Área | 7,04 km² |
| Poboación | 269 hab. (2014) |
| Densidade | 38,21 hab./km² |
| Entidades de poboación | 8[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santa Baia de Beiro é unha parroquia situada ao norte do concello de Ourense, a 8 km da capital. Segundo o IGE en 2014 tiña 269 habitantes (133 homes e 136 mulleres), distribuídos entre 8 entidades de poboación, o que supón un aumento con respecto ao ano 1999 cando tiña 218 habitantes. Entre 1836 e 1943 pertenceu ao Concello de Canedo.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial é de arquitectura románica.[2] O seu tímpano orixinal está nunha casa particular de Turei.
Desta parroquia foi titular o líder agrarista Basilio Álvarez.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- O tímpano da igrexa está na casa dun veciño, no lugar de Turei.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Beiro
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Beiro no concello de Ourense | |
|---|---|
|
Beiro | A Caveanca | Chantada | A Eirexa | Madrosende | Regoalde | Sas | Turei |
Parroquias de Ourense
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
- ↑ Igrexa de Beiro Arquivado 29 de novembro de 2016 en Wayback Machine. en Turgalicia.