Eleccións municipais de España de 2011
Eleccións municipais de España de 2011 | |
---|---|
← 2007 2015 → | |
Data | 22 de maio de 2011 |
Tipo | eleccións municipais e eleccións en España |
Resultado da votación | |
De acordo co establecido pola Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREG),[1] o 22 de maio de 2011 (cuarto domingo de maio), celebráronse en España eleccións municipais. O 29 de marzo foi publicado no BOE o Decreto de convocatoria.[2]
Por outra parte, na mesma xornada, tamén se celebraron eleccións en trece das dezasete comunidades autónomas españolas (Asturias, Cantabria, Navarra, Castela e León, A Rioxa, Comunidade Valenciana, Comunidade de Madrid, Castela-A Mancha, Rexión de Murcia, Canarias, Illas Baleares, Aragón e Estremadura) e nas dúas cidades autónomas (Ceuta e Melilla); ás Xuntas Xerais do País Vasco; aos Cabidos Insulares canarios; aos Consellos Insulares de Baleares; ao Consello Xeral de Arán; aos concellos de Navarra; e ás entidades de ámbito territorial inferior ao municipio.
En 35 municipios e en 110 entidades menores houbo que repetir as eleccións o 20 de novembro do mesmo ano (coincidindo coas Eleccións a Cortes Xerais), ben por defectos no reconto dalgunha mesa, por defectos na comunicación de resultados, ou pola falta de candidatos.[3] [4]
Reforma da lei electoral
[editar | editar a fonte]Transfuguismo político
[editar | editar a fonte]O 29 de xaneiro de 2011 foi publicada no Boletín Oficial del Estado a reforma da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral.[5] Esta reforma imposibilita as mocións de censura con tránsfugas, ao requirirse unha maioría maior á absoluta no mesmo número de concelleiros propoñentes da moción de censura que pertencen ao mesmo grupo político municipal que o do alcalde ou ben deixaran de pertencer ao grupo político ao que se adscribiron ao inicio de lexislatura.[6]
Na lexislatura previa ás eleccións déronse 59 casos de alcaldes declarados tránsfugas.[7] Deles, 19 mantivéronse no PP, 10 no PSOE, catro en CiU, dous no Partido Andalucista, dous en ERC, un en IU, un en Nueva Canarias e 19 pasaron a ser non adscritos. Destes 19, nove fórono do PSOE, tres do PP, dous de IU, dous do Partido Andalucista, un do Partido Regionalista de Cantabria, un de Coalición Canaria e outro de Unión del Pueblo Navarro.
Voto inmigrante e emigrante
[editar | editar a fonte]Nestas eleccións puideron votar os cidadáns dos países da Unión Europea sempre e cando tivesen manifestado a súa vontade de votar ante a oficina do censo electoral e estiveran empadroados. Ademais, tamén puideron votar os cidadáns dos países con acordos de reciprocidade, estes países foron: Bolivia, Cabo Verde, Chile, Colombia, Ecuador, Islandia, Noruega, Nova Zelandia, Paraguai e o Perú. Os requisitos para inscribirse no censo electoral e así votar foron: ser maior de 18 anos e non estar privado do dereito de sufraxio activo, estar empadroado, ter o permiso de residencia e ter residido legalmente 5 ou 3 anos no caso de Noruega.
A oficina do censo electoral enviou 350.135 comunicacións informadoras aos inmigrantes de fóra da Unión Europea, así como 757.495 aos da UE.
Por outro lado, outra das novidades da reforma da lei electoral foi a de impedir o voto daqueles non residentes no municipio, polo tanto, todos os españois residentes no estranxeiro non puideron votar nas eleccións municipais; este cambio afectou principalmente os municipios de Galiza onde o voto exterior podía supoñer preto do 40% nalgúns concellos.[8]
Composición equilibrada entre sexos
[editar | editar a fonte]A partir do 1 de xaneiro de 2011 a composición equilibrada das listas electorais entre sexos é de obrigatorio cumprimento nos municipios de máis de 3.000 habitantes, ao deixar de ser aplicable a Disposición Transitoria Sétima da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral.[9]
Campaña
[editar | editar a fonte]Lemas electorais
[editar | editar a fonte]Os slogans dos principais partidos foron estes:
- Partido Popular: Centrados en ti.[10]
- Partido Socialista Obrero Español: Para que gane tu ciudad.[11]
- Izquierda Unida: Sobran motivos.[12]
- UPyD: #votoutil.[13]
- EAJ-PNV: Onena emateko garaia/El momento de dar lo mejor.
Candidatos
[editar | editar a fonte]Na seguinte táboa figuran os candidatos ás alcaldías dos municipios españois con máis de 250.000 habitantes, ordenados segundo os resultados obtidos na anterior convocatoria de eleccións de 2007:
Acampadas de protesta (Movemento 15-M)
[editar | editar a fonte]- Artigos principais: Protestas de maio de 2011 en España e ¡Democracia Real YA!.
O domingo 15 de maio levouse a cabo en 58 cidades españolas unha serie de manifestacións convocadas pola plataforma Democracia Real Xa! que levaron á rúa decenas de millares de cidadáns. En Madrid, algúns manifestantes permaneceron acampados na Porta do Sol na fin da mobilización, sendo desaloxados na madrugada do 16 de maio pola policía. A partir deste feito, a acampada da Porta do Sol creceu enormemente en número de asistentes e as acampadas reproducíronse por outras cidades españolas. Desde entón, a praza foi lugar de protestas e multitudinarias asembleas cidadáns espontáneas.
A Xunta Electoral considerou que non existían causas extraordinarias de urxencia para a convocatoria de manifestación por parte do Movemento de indignados 15-M, ademais a solicitude tivo entrada ás 20,50 horas do día 17 de maio. Ademais deste requisito soamente formal, considerou que "a petición de voto responsable á que se fai referencia na solicitude, pode afectar a campaña electoral e a liberdade dos cidadáns no seu dereito a voto".[15]
Resultados electorais
[editar | editar a fonte]Resultados globais
[editar | editar a fonte]← Eleccións municipais de España de 2011, 22 de maio de 2011 → | ||||||
Partido | Votos | [16] Variación | Porcentaxe | Concelleiros | ||
---|---|---|---|---|---|---|
Participación | 22 971 350 | + 727.973 | 66,23% | - | ||
Voto en branco | 584.012 | + 156.945 | 2,54% | - | ||
Voto nulo | 389.506 | + 127.102 | 1,70% | - | ||
PP | 8 474 031 | + 557.956 | 37,53% | 26.499 | ||
PSOE | 6 276 087 | - 1 484 778 | 27,79% | 21.767 | ||
IU | 1 424 119 | + 207.089 | 6,31% | 2.230 | ||
CiU | 778.679 | + 55.354 | 3,45% | 3.862 | ||
UPyD | 465.125 | + 465.125 | 2,06% | 152 | ||
PNV | 327.100 | + 17.064 | 1,45% | 882 | ||
Bildu | 313.231 | + 313.231 | 1,39% | 1.138 | ||
ERC | 271.349 | + 76.252 | 1,20% | 1.399 | ||
BNG | 261.513 | - 53.766 | 1,16% | 590 | ||
ICV-EUiA-E | 241.919 | - 16.260 | 1,07% | 398 | ||
PA | 230.274 | - 4.611 | 1,02% | 470 | ||
Coalición Canaria | 202.720 | - 14.687 | 0,92% | 392 | ||
BLOC-Compromís | 198.667 | + 98.901 | 0,82% | 344 |
Resultados nos principais municipios
[editar | editar a fonte]O cadro recolle os resultados electorais nas cincuenta capitais de provincia e de Xixón, Vigo e L'Hospitalet de Llobregat, cidades que, sen ser capitais, contan cunha poboación superior aos 250.000 habitantes, así como Mérida e Santiago de Compostela por ser as capitais das súas respectivas Comunidades Autónomas.
Comunidade autónoma | Municipio | Alcalde e goberno municipal | Partido | Votos | % | Concelleiros | +/- | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
ANDALUCÍA |
Almería 27 concelleiros |
|
PP | 44.785 | 58.50% | 18 | +5 | |
PSOE | 17.474 | 22,82% | 7 | -4 | ||||
IULV-CA | 6.615 | 8,64% | 2 | +1 | ||||
Cádiz 27 concelleiros |
|
PP | 33.046 | 53,36% | 17 | -1 | ||
PSOE | 13.015 | 22,20% | 7 | -1 | ||||
IULV-CA | 5.559 | 9,48% | 3 | +2 | ||||
Córdoba 29 concelleiros |
|
PP | 79,493 | 48,80% | 16 | +2 | ||
UCOR | 24.805 | 15,23% | 5 | +5 | ||||
IULV-CA | 24.158 | 14,83% | 4 | -7 | ||||
PSOE | 19.544 | 12,00% | 4 | = | ||||
Granada 27 concelleiros |
|
PP | 60.519 | 51,87% | 16 | = | ||
PSOE | 31.736 | 27,20% | 8 | -1 | ||||
IULV-CA | 9.106 | 7,80% | 2 | = | ||||
UPyD | 6.242 | 5,35% | 1 | +1 | ||||
Huelva 27 concelleiros |
|
PP | 28.428 | 45,33% | 14 | -1 | ||
PSOE | 19.099 | 30,46% | 9 | -1 | ||||
IULV-CA | 6.314 | 10,07% | 3 | +1 | ||||
MRH | 3.364 | 5,36% | 1 | +1 | ||||
Xaén 27 concelleiros |
|
PP | 32.166 | 51,78% | 16 | +3 | ||
PSOE | 21.769 | 35,05% | 10 | -2 | ||||
IULV-CA | 3.687 | 5,94% | 1 | -1 | ||||
Málaga 31 concelleiros |
|
PP | 123.655 | 53,46% | 19 | +2 | ||
PSOE | 57.245 | 24,75% | 9 | -3 | ||||
IULV-CA | 25.354 | 10,96% | 3 | +1 | ||||
Sevilla 33 concelleiros |
|
PP | 166.040 | 49,31% | 20 | +5 | ||
PSOE | 99.168 | 29,45% | 11 | -4 | ||||
IULV-CA | 24.066 | 7,15% | 2 | -1 | ||||
ARAGÓN |
Huesca 25 concelleiros (4 máis que nas eleccións de 2007) |
|
PP | 9.164 | 38,06% | 11 | +4 | |
PSOE-Aragón | 7.583 | 31,50% | 9 | = | ||||
PAR | 1.653 | 6,87% | 2 | = | ||||
CHA | 1.632 | 6,78% | 2 | = | ||||
IUA | 1.558 | 6,47% | 1 | = | ||||
Teruel 21 concelleiros |
|
PP | 7.932 | 47,90% | 12 | +4 | ||
PSOE-Aragón | 3.460 | 20,89% | 5 | -2 | ||||
CHA | 1.388 | 8,38% | 2 | = | ||||
IUA | 1.174 | 7,09% | 1 | +1 | ||||
PAR | 1.170 | 7,06% | 1 | -3 | ||||
Zaragoza 31 concelleiros |
|
PP de Aragón | 131.350 | 41,26% | 15 | +3 | ||
PSOE-Aragón | 86.395 | 27,14% | 10 | -3 | ||||
CHA | 29.402 | 9,24% | 3 | = | ||||
IUA | 25.197 | 7,92% | 3 | +2 | ||||
ASTURIAS |
Xixón 27 concelleiros |
|
PSOE | 47.583 | 31,56% | 10 | -3 | |
FAC | 42.680 | 28,31% | 9 | +9 | ||||
PP | 28.253 | 18,74% | 5 | -7 | ||||
IU-LV | 15.897 | 10,55% | 3 | +1 | ||||
Oviedo 27 concelleiros |
|
PP | 39.736 | 33,79% | 11 | -6 | ||
FAC | 24.317 | 20,67% | 7 | +7 | ||||
PSOE | 23.886 | 20,31% | 6 | -3 | ||||
Oviedo por la Izquierda | 13.394 | 11,39% | 3 | +3 | ||||
BALEARES |
Palma 29 concelleiros |
|
PP | 69.779 | 48,11% | 17 | +3 | |
PSOE | 39.071 | 26,94% | 9 | -2 | ||||
PSM-IV-EN-APIB | 12.005 | 8,28% | 3 | +3 | ||||
CANARIAS |
As Palmas de Gran Canaria 29 concelleiros |
|
PP | 68.641 | 43,21% | 16 | +4 | |
PSOE | 36.615 | 23,05% | 9 | -6 | ||||
CGCa | 11.096 | 6,98% | 2 | = | ||||
NCa | 9.729 | 6,12% | 2 | +2 | ||||
Santa Cruz de Tenerife 27 concelleiros |
|
PP | 25.406 | 28,36% | 9 | +3 | ||
CC-PNC-CCN | 24.523 | 27,37% | 9 | -2 | ||||
PSOE | 13.965 | 15,59% | 5 | -2 | ||||
ASSPPT | 6.717 | 7,50% | 2 | +2 | ||||
IU-LV-SxTf | 5.193 | 5,80% | 1 | +1 | ||||
CSC | 4.810 | 5,37% | 1 | -1 | ||||
CANTABRIA |
Santander 27 concelleiros |
|
PP | 52.657 | 56,24% | 18 | +3 | |
PSOE | 15.874 | 16,95% | 5 | -2 | ||||
PRC | 13.703 | 14,63% | 4 | -1 | ||||
CASTELA-A MANCHA |
Albacete 27 concelleiros |
|
PP | 46.383 | 52,13% | 16 | +3 | |
PSOE | 29.556 | 33,22% | 10 | -3 | ||||
IU | 5.561 | 6,25% | 1 | = | ||||
Cidade Real 25 concelleiros |
|
PP | 20.207 | 51,56% | 15 | = | ||
PSOE | 12.419 | 31,69% | 9 | -1 | ||||
IU | 2.306 | 5,88% | 1 | +1 | ||||
Cuenca 25 concelleiros |
|
PSOE | 12.828 | 43,79% | 13 | +2 | ||
PP | 12.690 | 43,32% | 12 | -1 | ||||
Guadalaxara 25 concelleiros |
|
PP | 22.783 | 54,21% | 16 | +3 | ||
PSOE | 12.773 | 30,39% | 8 | -3 | ||||
IU | 2.566 | 6,11% | 1 | = | ||||
Toledo 25 concelleiros |
|
PSOE | 20.025 | 43,78% | 12 | +1 | ||
PP | 19.395 | 42,40% | 11 | -1 | ||||
IU | 3.616 | 7,91% | 2 | = | ||||
CASTELA E LEÓN |
Ávila 25 concelleiros |
|
PP | 14.732 | 51,70% | 14 | -2 | |
PSOE | 4.944 | 17,34% | 4 | -3 | ||||
UPyD | 4.062 | 14,26% | 4 | +4 | ||||
IUCyL | 2.977 | 10,45% | 3 | +1 | ||||
Burgos 27 concelleiros |
|
PP | 40.674 | 46,14% | 15 | = | ||
PSOE | 22.539 | 22,57% | 8 | -2 | ||||
UPyD | 10.424 | 11,82% | 3 | +3 | ||||
IUCyL | 4.550 | 5,16% | 1 | +1 | ||||
León 27 concelleiros |
|
PP | 29.932 | 44,61% | 15 | +4 | ||
PSOE | 20.792 | 30,99% | 10 | -3 | ||||
UPL | 4.615 | 6,88% | 2 | -1 | ||||
Palencia 25 concelleiros |
|
PP | 21.335 | 49,20% | 14 | +3 | ||
PSOE | 16.119 | 37,17% | 10 | -2 | ||||
IUCyL | 2.954 | 6,81% | 1 | = | ||||
Salamanca 27 concelleiros |
|
PP | 40.347 | 52,93% | 18 | +2 | ||
PSOE | 22.018 | 28,89% | 9 | -2 | ||||
Segovia 25 concelleiros |
|
PP | 12.116 | 42,63% | 12 | = | ||
PSOE | 12.007 | 42,25% | 12 | -1 | ||||
IUCyL | 1.572 | 5,53% | 1 | +1 | ||||
Soria 21 concelleiros |
|
PSOE | 8.374 | 46,07% | 12 | +3 | ||
PP | 6.391 | 35,16% | 9 | = | ||||
Valladolid 29 concelleiros |
|
PP | 85.006 | 50,41% | 17 | +2 | ||
PSOE | 45.525 | 27,00% | 9 | -4 | ||||
IUCyL | 17.727 | 10,51% | 3 | +2 | ||||
Zamora 25 concelleiros |
|
PP | 15.399 | 46,93% | 14 | +2 | ||
PSOE | 7.582 | 23,10% | 6 | -2 | ||||
IUCyL | 5.296 | 16,14% | 4 | +1 | ||||
ADEIZA-UPZ | 1.998 | 6,09% | 1 | -1 | ||||
CATALUÑA |
Barcelona 41 concelleiros |
|
CiU | 174.022 | 28,74% | 14[17] | +2 | |
PSC-PM | 134.084 | 22,14% | 11 | -3 | ||||
PP | 104.301 | 17,22% | 9 | +2 | ||||
ICV-EUIA-E | 62.939 | 10,39% | 5 | +1 | ||||
UxB | 33.593 | 5,55% | 2 | -2 | ||||
Xirona 25 concelleiros |
|
CiU | 10.122 | 31,53% | 10 | +4 | ||
PSC-PM | 7.500 | 23,36% | 7 | -3 | ||||
PP | 3.749 | 11,68% | 3 | +1 | ||||
CUP-PA | 2.981 | 9,28% | 3 | +3 | ||||
ICV-EUIA-E | 2.253 | 7,02% | 2 | -1 | ||||
L'Hospitalet de Llobregat 27 concelleiros |
|
PSC-PM | 32.919 | 38,89% | 13 | -4 | ||
PP | 15.693 | 18,54% | 6 | +1 | ||||
CiU | 10.421 | 12,31% | 4 | +1 | ||||
ICV-EUiA-E | 7.532 | 8,90% | 2 | = | ||||
PxC | 6.192 | 7,31% | 2 | +2 | ||||
Lleida 27 concelleiros |
|
PSC-PM | 18.864 | 42,07% | 15 | = | ||
CiU | 8.212 | 18,31% | 6 | = | ||||
PP | 7.410 | 16,52% | 6 | +3 | ||||
Tarragona 27 concelleiros |
|
PSC-PM | 17.826 | 36,94% | 12 | -1 | ||
CiU | 9.920 | 20,55% | 7 | -1 | ||||
PP | 9.917 | 20,55% | 7 | +3 | ||||
ICV-EUIA-E | 2.602 | 5,39% | 1 | +1 | ||||
COMUNIDADE VALENCIANA |
Alacant 29 concelleiros |
|
PP | 75.434 | 52,14% | 18 | +3 | |
PSOE | 36.255 | 25,06% | 8 | -6 | ||||
EUPV | 11.008 | 7,61% | 2 | +2 | ||||
UPyD | 7.306 | 5,05% | 1 | +1 | ||||
Castelló de la Plana 27 concelleiros |
|
PP | 34.680 | 46,61% | 15 | +1 | ||
PSOE | 19.816 | 26,63% | 9 | -3 | ||||
BLOC-Compromís | 6.572 | 8,83% | 2 | +1 | ||||
EUPV | 4.257 | 5,72% | 1 | +1 | ||||
Valencia 33 concelleiros |
|
PP | 208.727 | 52,54% | 20 | -1 | ||
PSOE | 86.440 | 21,76% | 8 | -4 | ||||
Compromís | 35.881 | 9,03% | 3 | +3 | ||||
EUPV | 28.489 | 7,17% | 2 | +2 | ||||
ESTREMADURA |
Badaxoz 27 concelleiros |
|
PP | 41.438 | 56,81% | 17 | +2 | |
PSOE | 20.395 | 27,96% | 8 | -3 | ||||
IU-V-SIEX | 5.214 | 7,15% | 2 | +1 | ||||
Cáceres 25 concelleiros |
|
PP | 29.013 | 56,58% | 16 | +4 | ||
PSOE | 12.450 | 24,28% | 7 | -4 | ||||
IU-V-SIEX | 4.020 | 7,84% | 2 | +1 | ||||
Mérida 25 concelleiros |
|
PP | 13.848 | 44,98% | 13 | +1 | ||
PSOE | 11.357 | 36,89% | 10 | -3 | ||||
IU-V | 1.843 | 5,99% | 1 | +1 | ||||
SIEX | 1.555 | 5,05% | 1 | +1 | ||||
GALICIA |
A Coruña 27 concelleiros |
|
PP | 51.262 | 43,62% | 14 | +4 | |
PSdeG-PSOE | 31.338 | 26,67% | 8 | -3 | ||||
BNG | 14.149 | 12,04% | 4 | -2 | ||||
EU-V | 7.068 | 6,01% | 1 | +1 | ||||
Lugo 25 concelleiros |
|
PP | 22.844 | 44,25% | 12 | +3 | ||
PSdeG-PSOE | 19.786 | 38,32% | 11 | +1 | ||||
BNG | 4.659 | 9,02% | 2 | -2 | ||||
Ourense 27 concelleiros |
|
PP | 21.564 | 37,84% | 11 | -2 | ||
PSdeG-PSOE | 20.896 | 36,67% | 11 | +3 | ||||
BNG | 6.146 | 10,79% | 3 | -3 | ||||
DO | 4.529 | 7,95% | 2 | +2 | ||||
Pontevedra 25 concelleiros |
|
PP | 17.244 | 39,52% | 11 | -1 | ||
BNG | 17.130 | 39,25% | 11 | +4 | ||||
PSdeG-PSOE | 5.803 | 13,30% | 3 | -3 | ||||
Santiago de Compostela 25 concelleiros |
|
PP | 20.787 | 43,27% | 13 | +2 | ||
PSdeG-PSOE | 14.876 | 30,97% | 9 | -1 | ||||
BNG | 6.389 | 13,30% | 3 | -1 | ||||
Vigo 27 concelleiros |
|
PP | 61.616 | 42,39% | 13 | = | ||
PSdeG-PSOE | 50.045 | 34,43% | 11 | +2 | ||||
BNG | 16.374 | 11,26% | 3 | -2 | ||||
A RIOXA |
Logroño 27 concelleiros |
|
PP | 23.587 | 48,52% | 17 | +4 | |
PSOE | 21.686 | 29,57% | 10 | -2 | ||||
MADRID |
Madrid 57 concelleiros |
|
PP | 756.952 | 49,69% | 31 | -3 | |
PSOE | 364.600 | 23,93% | 15 | -3 | ||||
IU-LV | 163.706 | 10,75% | 6 | +1 | ||||
UPyD | 119.601 | 7,85% | 5 | +5 | ||||
MURCIA |
Murcia 29 concelleiros |
|
PP | 123.052 | 60,71% | 19 | = | |
PSOE | 39.489 | 19,48% | 6 | -3 | ||||
IU-VRM | 15.812 | 7,80% | 2 | +1 | ||||
UPyD | 12.506 | 6,17% | 2 | +2 | ||||
NAVARRA |
Pamplona 27 concelleiros |
|
UPN | 34.426 | 35,80% | 11 | -2 | |
NaBai 2011 | 21.715 | 22,58% | 7 | -1 | ||||
PSN-PSOE | 11.269 | 11,72% | 3 | -1 | ||||
Bildu | 10.463 | 10,88% | 3 | +3 | ||||
PP | 6.466 | 6,72% | 2 | +2 | ||||
I-E | 5.107 | 5,31% | 1 | +1 | ||||
PAÍS VASCO |
Bilbao 29 concelleiros |
|
PNV | 74.302 | 44,12% | 15 | +2 | |
PP | 29.046 | 17,25% | 6 | -1 | ||||
Bildu | 23.933 | 14,21% | 4 | +4 | ||||
PSE-EE (PSOE) | 22.680 | 13,47% | 4 | -3 | ||||
Donostia 27 concelleiros |
|
Bildu | 21.110 | 24,29% | 8 | +8 | ||
PSE-EE (PSOE) | 19.666 | 22,63% | 7 | -3 | ||||
PP | 16.502 | 18,99% | 6 | = | ||||
PNV | 15.587 | 17,93% | 6 | +1 | ||||
Vitoria 27 concelleiros |
|
PP | 32.300 | 29,19% | 9 | = | ||
PNV | 21.149 | 19,11% | 6 | = | ||||
PSE-EE (PSOE) | 20.727 | 18,73% | 6 | -3 | ||||
Bildu | 19.677 | 17,78% | 6 | +6 |
Resultados provisionais pendentes do escrutinio definitivo da Xunta Electoral.
En Aduna (Guipúscoa) a campaña a favor do voto en branco por parte da esquerda abertzale ante a imposibilidade de presentar unha candidatura sen vinculación con Batasuna, impediu a chegada á alcaldía do PP -único partido que se presentaba- ao non chegar este ao mínimo 5% dos votos válidos. A Deputación de Guipúscoa decidiu a continuidade á fronte do Concello da corporación anterior formada por membros da ilegalizada ANV.[18]
Idéntica situación sucedeu en Irura (Guipúscoa) nas eleccións municipais de 2007 cando debido ao voto en branco ningunha das candidaturas presentadas: PSE-EE e PP, alcanzou o 5% dos votos válidos. A alcaldesa de EH elixida en 1999 prorrogou o seu mandato.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, en noticias.juridicas.com (en castelán)
- ↑ Real Decreto 424/2011, de 28 de marzo, polo que se convocan eleccións locais e ás Asembleas de Ceuta e Melilla para o 22 de maio de 2011. Arquivado 03 de abril de 2012 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ Eva Sáiz (23 de setembro de 2011). "145 pueblos repetirán las elecciones municipales del 22-M el 20-N". elpaís.com. Consultado o 8 de novembro de 2012.
- ↑ Eva Sáiz (27 de setembro de 2011). "El 20-N habrá también elecciones municipales en 145 pueblos". elpaís.com. Consultado o 8 de novembro de 2012.
- ↑ El Senado da luz verde a la reforma global de la Ley Electoral
- ↑ Artigo 197 da lei orgánica 2/2011, do 28 de xaneiro, pola que se modifica a Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do réxime electoral xeral.
- ↑ El PSOE ofrece no presentar ningún candidato tránsfuga si todos hacen lo mismo, en elmundo.es
- ↑ O censo exterior bate marcas cando queda sen poder votar
- ↑ Disposición Transitoria Sétima, da Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral (en castelán)
- ↑ Centrados en Ti Arquivado 01 de setembro de 2011 en Wayback Machine. - PP
- ↑ 'Para que gane tu ciudad', eslogan de los socialistas para las municipales - El Mundo
- ↑ "Sobran motivos, IU-CM". Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2012. Consultado o 08 de novembro de 2012.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2012. Consultado o 08 de novembro de 2012.
- ↑ 'Unitat per Barcelona', la marca electoral de Laporta y Portabella
- ↑ La Junta Electoral prohíbe la concentración de 'indignados' en Sol - Libertad Digital
- ↑ "Resultados Ministerio do Interior". Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2011. Consultado o 08 de novembro de 2012.
- ↑ El Tribunal Constitucional entrega al PP su noveno concejal en Barcelona
- ↑ El PP, única lista en Aduna, no logra los votos suficientes El Correo, 23/05/2011
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web do Ministerio de Interior sobre as eleccións locais de 2011 Arquivado 18 de outubro de 2021 en Wayback Machine.
- Eleccións municipais 2011. Especial eleccións 2011 en RTVE.es
- Web electoral do Ministerio de Interior: resultados electorais de todas as eleccións e referendos celebrados en España a nivel estatal, desde 1976. Arquivado 14 de novembro de 2020 en Wayback Machine.