O Club naceu co obxectivo de agrupar nel aos nadadores ferroláns, despois de construír a Armada a súa instalación climatizada cuberta no pavillón polideportivo de Batallones no ano 1977, que até aquel entón non contaba con cuberta. Creouse en 1978 por iniciativa do doutor José Rioseco López,[2] capitán médico nesa etapa, e mais pola Asociación de Padres y Amigos de Nadadores de Ferrol. Na sección de natación o Club Marina Ferrol organízase cada ano dende 1980 o trofeo Ciudad de Ferrol, en memoria de Juan Varela, compoñente da entidade, e cabo 1º da Armada. Dende 1999 o Memorial figura con data fixa no calendario da Liga Europea de Natación.[3]
A sección de wáter-polo que formouse no ano 1997. Ten a súa sede na piscina da Mariña de Ferrol, de aí o seu nome. O seu adestrador é Andrei Navhalikine e o presidente é Carlos Bremón Pérez.[4]