Piscina municipal de Santa Isabel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Piscina municipal de Santa Isabel
Na imaxe, o Pavillón e a Piscina de Santa Isabel por fóra.
editar datos en Wikidata ]

A piscina de Santa Isabel e unha piscina municipal que se atopa en Santiago de Compostela. Inaugurouse no ano 1988 e que forma parte do recinto deportivo do Pavillón Municipal de Santa Isabel. No mesmo ano da inuguración da piscina celebráronse nela tres competicións destacadas, en febreiro o Campionato Galego de Inverno de Natación, o Torneo das 4 Nacións, (coa participación de España, Portugal, Grecia e Austria); e os días 14 e 15 de maio de 1988, a IV edición dos Campionatos Interautonómicos de Natación.[1] A piscina é cuberta e as súas dimensións son de 25 x 12 metros, tendo 8 rúas delimitadas.[2] Nesta piscina teñen base o Club Natación Ciudad de Santiago e o Club Waterpolo Santiago.

Notas[editar | editar a fonte]