Dos nadadores máis coñecidos que saíron do club pódese salientar o triatleta internacional Iván Raña e a súa irmá Natalia Raña, que comezaron no club no ano 1988.[2] En 1990 Iván Raña incorporouse como adestrador de natación no CN Santiago, daquela un club modesto e con pouco espazo[3], no que estivo até o ano 1995[4][5]
Outros nadadores destacados foron Daniel Caamaño Gómez, que chegou a nadar nos campionatos de Europa, ou Marcos Vázquez, plusmarquista dos galego de 100 e 200 libres, tamén medalla de ouro nos campionatos de España e dúas medallas de bronce nos Campionatos de Europa do ano 2006[1]. O Club de Natación Santiago foi a entidade encargada de organizar os Campionatos Galegos Absolutos de Natación de Inverno dos anos 2004, 2005, 2006, 2007, e 2008.[1] Tamén organizou o Campionato Galego Absoluto e Júnior de Natación de Inverno do 2011, que tivo lugar en febreiro na piscina de Santa Isabel. Nel participou tamén o Club Natación Cidade de Santiago, cun equipo daquela moi novo (creado no 2010)[6], que sería herdeiro da tradición da natación na cidade tras a desaparición do CNS pouco tempo despois.