Carmelo Cedrún
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 6 de decembro de 1930 (93 anos) Amorebieta-Etxano, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Gardameta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1962 | Mundial de Fútbol Chile 1962 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fillos | Andoni Cedrún | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Parentes | Markel Areitio, neto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Carmelo Cedrún Ochandategui, nado en Amorebieta-Etxano (Biscaia) o 6 de decembro de 1930, é un exfutbolista e adestrador de fútbol vasco. Xogaba de gardameta e foi internacional coa selección española.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como xogador
[editar | editar a fonte]Formouse no club da súa vila natal, o Amorebieta, antes de fichar polo Athletic de Bilbao en 1948. Debutou co primeiro equipo o 15 de abril de 1951, asentándose moi pronto como titular e suplindo a toda unha lenda como Raimundo Pérez Lezama. Militaría no club durante catorce tempadas, ata que o xove gardameta José Ángel Iribar o relegou a suplencia.
En 1964 fichou polo RCD Espanyol, onde xogou ata 1967. Finalmente retirouse xogando no Baltimore Bays da Liga de Estados Unidos.
Ao longo da súa carreira foi internacional en 15 ocasións, debutando ante Turquía en 1954 e disputando tres mundiais (Suíza 1954, Suecia 1958, Chile 1962) e dúas eurocopas (Francia 1960 e España 1964).
Como adestrador
[editar | editar a fonte]Comezou adestrando ao CD Logroñés e ao Cultural Leonesa en Segunda División finalizando as dúas tempadas co descenso a Segunda División B dos equipos.
En 1975 ficha polo Celta de Vigo para suplir a Mariano Moreno Serrano. Levaría ao club a Primeira División despois de 19 encontros sen coñecer a derrota. Porén o equipo volvería descender ao ano seguinte polo que Carmelo Cedrún deixou o equipo para fichar polo Real Murcia.
En 1979 volve a Vigo para suplir ao ex xogador Pedrito, pero o ano remata co descenso Segunda División B.
Por último dirixe ao Barakaldo CF, consumando tamén o descenso a Segunda División B.
Persoal
[editar | editar a fonte]Pai do tamén gardameta Andoni Cedrún.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Como xogador
[editar | editar a fonte]- Nados en 1930
- Nados en Amorebieta-Etxano
- Futbolistas do País Vasco
- Gardametas de fútbol
- Xogadores do Athletic Club de Bilbao
- Xogadores do RCD Espanyol
- Xogadores da selección de fútbol de España
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 1962
- Adestradores de fútbol do País Vasco
- Adestradores do CD Logroñés
- Adestradores da Cultural Leonesa
- Adestradores do Celta de Vigo
- Adestradores do Real Murcia
- Adestradores do Barakaldo CF
- Adestradores da Real Balompédica Linense