Benin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
République du Bénin (Francés)
Benin
Bandeira de Benin Escudo de Benin
Bandeira Escudo
Lema: Fraternité, Justice, Travail
(francés: «Fraternidade, Xustiza, Traballo»)
Himno nacional: L'Aube Nouvelle
 
BEN orthographic.svg
 
Capital
 • Poboación
Porto Novo¹
238.199 (2006)
Cidade máis poboada Cotonou
Linguas oficiais
Francés
Forma de goberno República democrática presidencial
Thomas Yayi Boni
Mariam Aladji Boni Diallo
Independencia
 • Data
De Francia
1 de agosto de 1960
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 101º
112.620 km²
1,8%
1989 km km
121 km km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 94º
7 649 360 (2005 est.)
60 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2005)
 • PIB per cápita
Posto 142º
US$ 8534 millóns
US$ 1147
IDH (2007) 0,437 (163º) – Baixo
Moeda Franco CFA (XOF)
Xentilicio Beninés, beninesa[1]
Fuso horario
 • en verán
UTC+1
UTC+1
Dominio de Internet .bj
Prefixo telefónico +229
Prefixo radiofónico TYA-TYZ
Código ISO 204 / BEN / BJ
Membro de: ONU, UA

¹ Porto-Novo é a capital oficial, aínda que Cotonú sexa a sede do goberno.

Tódolos países do mundo

Benin[1] (en francés: Bénin), oficialmente República de Benin (en francés: République du Bénin) e antigamente Dahomey, é un país de África Occidental. Limita ó oeste con Togo, ó leste por Nixeria e ó norte por Burkina Faso e Níxer. A maioría da poboación vive na súa reducida liña costeira no Golfo de Benin, parte do Golfo de Guinea, na zona máis ó norte do Océano Atlántico tropical.[2] A capital de Benin é Porto Novo, pero a sede do goberno está en Cotonou, a meirande cidade e o centro económico do país. Benin abrangue unha área de aproximadamente 115 000km2, cunha poboación aproximada de 9,98 millóns. Benin é unha nación tropical da África subsahariana moi dependente da agricultura.[3]

A lingua oficial de Benin é o francés. Porén, as linguas indíxenas como o fon e o ioruba son faladas de xeito común. O meirande grupo relixioso é o catolicismo, seguido de preto polo islam, o vodú e o protestantismo. Benin é membro das Nacións Unidas, da Unión Africana, da Organización para a Cooperación Islámica, da Zona de Paz e Cooperación do Atlántico Sur, da Francophonie, da Comunidade dos Estados do Sahel-Sahara e da Autoridade da Conca do Níxer.[4]

Dende o século XVII até o XIX, as principais entidades políticas na área foron o Reino de Dahomey xunto coa cidade estado de Porto Novo e unha grande área con moitas tribos diferentes no norte. Esta rexión era chamada a Costa dos escravos a comezos do século XVII por mor do grande número de escravos que eran levados cara o Novo Mundo polo comercio atlántico. Despois da abolición da escravitude, Francia tomou o país e renomeouno como Dahomey Francés. En 1960, Dahomey acadaou a independencia plena de Francia, e viviu un treboento período con varios gobernos democráticos, golpes de estado e gobernos militares.

Un estado marxista-leninista chamado República Popula de Benin existiu entre 1975 e 1990. En 1991, foi substituído pola actual República multipartidista.[5]

Historia[editar | editar a fonte]

O Benin foi parte do antigo reino africano do Dahomei, que mantivo comercio de escravos co Portugal despois do século XV. En 1872 a rexión comezou a ser colonizadas polos franceses, e en 1899 tornouse parte da África Occidental Francesa.

En 1 de agosto de 1960 o país gañou a súa independencia de Francia. O seu primeiro presidente foi Coutoucou Hubert Maga.

En 1972 un golpe de estado implantou un goberno de esquerda, e en 1975 o nome do país foi mudado para Benin.

En 1990 o ditador de Mathieu Kérékou permitiu eleccións multipartidistas despois de 17 anos de goberno marxista. Em 1996, Kérékou envolveu o seu elixido presidente, mais a oposición democrática gañou os comicios lexislativos de marzo de 1999.

Goberno e Política[editar | editar a fonte]

O presidente da república é xefe de estado e tamén xefe do goberno. Pola constitución de 1990, é elixido por un período de 5 anos. O Parlamento ten 83 membros, elixidos por un período de 4 anos.

Organización político-administrativa[editar | editar a fonte]

Benin departments named.png

Durante décadas, Benin dividiuse en seis departamentos ou provincias, en 1999 cada unha dividiuse en dúas. As provincias están divididas en 77 comunas.

As doce provincias son:

  1. Alibori*.
  2. Atakora.
  3. Atlantique.
  4. Borgou.
  5. Collines*.
  6. Donga*.
  7. Kouffo*.
  8. Littoral*.
  9. Mono.
  10. Ouémé.
  11. Plateau*.
  12. Zou.
  • Formado en 1999.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Xeografía de Benin.

Estendido entre o río Níxer ao norte e a baía de Benin ao sur, a altitude de Benin é case a mesma en todo o país. A maior parte da poboación vive nas chairas costeiras do sur, onde se sitúan as cidades máis grandes de Benin como Porto-Novo e Cotonú. O sector norte do país está formado por sabanas e zonas montañosas semiáridas.

Benin map.png

O clima de Benin é cálido e húmido, con relativamente máis choiva que outros países do oeste de África, hai dúas estacións de choiva (abril-xullo e setembro-novembro).

Ecoloxía[editar | editar a fonte]

WWF divide o territorio de Benin entre catro ecorrexións:

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Benin.

A economía de Benin segue sendo subdesenvolvida e dependente da agricultura de subsistencia, produción de algodón e intercambio rexional. Hai petróleo, ouro, mármore e pedra calcaria -pero explotado por estranxeiros, permitindo a saída do capital. Desde 1988 xérase electricidade na represa de Nangbeto, sobre o río Mono.

O nivel de produción subiu un 5% nos últimos seis anos, pero o rápido crecemento da poboación compensou este logro. A inflación baixou durante os últimos anos. Co fin de aumentar o seu crecemento, Benin planea atraer máis inversionistas estranxeiros, salientar o turismo, facilitar o desenvolvemento de novos sistemas de procesamento de comida e produtos agrícolas, e fomentar nova información e tecnoloxía en comunicacións.

Demografía[editar | editar a fonte]

Un 70% da poboación segue as crenzas tribais. O nivel de alfabetización é do 40% aproximadamente. Fóra das cidades os servizos de saúde son escasos. As principais cidades son Cotonú, Abomey-Calavi, Porto-Novo, Djougou, Parakou , Bohicon e Kandi, as únicas do país que superan os 100.000 habitantes. A poboación de orixe europea esta formada por 5500 persoas (0,1% da poboación total do pais). O idioma oficial é o francés. A esperanza de vida é de 53 anos. A media de fillos por muller é de 5,20.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para beninés. Consultado o 30-12-2013.
  2. R. H. Hughes, J. S. Hughes. A directory of African wetlands, p. 301. IUCN, 1992. ISBN 2-88032-949-3
  3. "Food and Agriculture Organization of the United Nations". United Nations, June 29th, 2010
  4. "Benin – International Cooperation". Nation Encyclopedia (2010-06-29).
  5. Ibp Usa. Global Logistics Assessments Reports Handbook: Strategic Transportation and Customs Information for Selected Countries, p. 85. Int'l Business Publications, 2008. ISBN 0-7397-6603-1

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Benin Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]