Lingua yoruba
Aparencia
Yoruba èdè Yorùbá | ||
---|---|---|
Falado en: | Nixeria, Benín | |
Total de falantes: | 28 000 000 (2007)[1] | |
Familia: | Atlántico-congolés Volta-níxer YEAI Yoruboide Ederiki Yoruba | |
Escrita: | Latino, braille yoruba | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Nixeria | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | yo
| |
ISO 639-2: | yor | |
ISO 639-3: | yor
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua yoruba[3] (èdè Yorùbá) é unha lingua falada en África Occidental, principalmente en Nixeria. O número de falantes de yoruba estimábase en arredor de 20 millóns na década de 1990.[4] É a lingua nativa do pobo yoruba, que viven en Nixeria e Benín, con comunidades en Europa, América e outras partes de África. Unha variedade da lingua, o lucumi, é a lingua litúrxica da relixión da Santería, no Caribe. O yoruba está moi relacionado coa lingua itsekiri (falada no delta do río Níxer) e co igala (falada en Nixeria central).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nationalencyklopedin "Världens 100 största språk 2007" The World's 100 Largest Languages in 2007
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Definición de yoruba no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ Metzler Lexikon Sprache (4th ed. 2010) propón a cifra de 30 millóns, baseándose no crecemento da poboación entre 1990 e 2000. A poboación de Nixeria (onde viven a maioría dos yoruba) medrou un 44% entre 1995 e 2010, polo que Metzler coida que a estimación 2010 é acertada.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Existe unha versión da Wikipedia en Lingua yoruba |