Bronces de Benín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Placa de bronce de Benín no Museo Británico de Londres.

Os bronces de Benín son unha colección formada por máis de 1 000 pezas[1] conmemorativas que proveñen do pazo real do reino de Benín. Foron creadas polo pobo Edo dende o século XIII, e os británicos fixéronse coa maioría en 1897.[2] 200 delas foron levadas ó Museo Británico, mentres que o resto se repartiu entre outros museos.[3] Actualmente unha parte aínda está no Museo Británico, na sala 25 (sección de África).[2] Outras partes da colección están nos Estados Unidos de América e Alemaña,[4] entre outras.

Os bronces de Benín fixeron aumentar o aprecio de Europa pola cultura africana e a arte tribal. Inicialmente, ós europeos do século XIX parecíalles imposible e incrible que xente que consideraban tan «primitiva» e «salvaxe» fosen quen de crear obxectos tan desenvolvidos.[5] Mesmo se chegou á conclusión de que aprenderan eses coñecementos dos portugueses.[5] Porén, sábese que os bronces se facían en Benín dende o século XIII, e que boa parte das coleccións datan dos séculos XV e XVI. Crese que os dous períodos dourados da creación de bronces foron o reinado de Esigie (~1550) e de Eresonye (1735-50).[6]

Aínda que comunmente son chamados bronces de Benín, non tódalas pezas son deste material. Tamén as hai feitas de latón, ou de aliaxes de bronce e latón;[7] de madeira, cerámica, marfil, etc.[8] Están feitas empregando a técnica de cera perdida,[9] e están consideradas as mellores esculturas feitas deste xeito.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O número de pezas é incerto (Dohlvik, 2006: pàx. 7.). A maioría de fontes fala de 1 000 pezas, ou algúns milleiros. Nevadomsky afirma que se atoparon entre 3 000 e 5 000 pezas (Nevadomsky, 2005: páx. 66.).
  2. 2,0 2,1 The British Museum (ed.). "Benin Plaque: the oba with europeans". Highlights (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2010. Consultado o 7 de xullo de 2010. 
  3. Greenfield, 2007: páx. 124.
  4. USA International Business Publications, 2005: páx. 23.
  5. 5,0 5,1 Meyerowitz, Eva (outubro de 1943). "Ancient Bronzes in the Royal Palace at Benin". The Burlington Magazine for Connoisseurs (en inglés) 83. Consultado o 8 de xullo de 2010. 
  6. Greenfield, 2007: páx. 122.
  7. Cerarartworld (ed.). "Benin Bronzes - African bronze sculptures". African Art Through African Eyes (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2010. Consultado o 7 de xullo de 2010. 
  8. Dohlvik, 2006: páx. 21.
  9. The Trustees of the British Museum, 1977: páx. 272.
  10. Nevadomsky, Joseph (2004). "Art and Science in the Benin Bronzes" (en liña). FindArticles.com (en inglés) (African Arts) 37: 7. Consultado o 11 de xullo de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]