Escudo de Benín
| Escudo de Benín | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||
| Datas | |||||
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Identificadores | |||||
| |||||
| Wikidata C:Commons | |||||
O escudo de armas de Benín foi introducido orixinalmente en 1964, e foi readoptado en 1990 despois de ser substituído en 1975. Na parte superior do emblema está o timbre nacional, que consiste de dous cornos con millo recheos de area. Baixo o timbre hai un escudo que contén as armas de Benín.
O escudo está dividido en catro cuarteis. O cuartel esquerdo superior contén un castelo no estilo da etnia somba, etnia representativa da historia de Benín. No cuartel superior dereito está a Estrela de Benín, a máxima condecoración da nación. Baixo a estrela hai un barco, que simboliza a chegada dos europeos a Benín. No cuartel inferior esquerdo hai unha palmeira.
O escudo é sostido por unha parella de leopardos, o animal nacional de Benín. Baixo o escudo está o lema de Benín en lingua francesa: Fraternité, Justice, Travail, que significa «Fraternidade, Xustiza, Traballo».
Escudos históricos
[editar | editar a fonte]-
Escudo de armas da República de Dahomey (1958-1964)
-
Escudo da República do Pobo de Benín (1975–1990).