Plateau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 9°10′N 9°45′L / 9.167, -9.750

Localización de Plateau dentro de Nixeria.

Plateau (Meseta) é un dos estados formantes da República Federal de Nixeria. Ten unha extensión de 30 913 km2 e limita polo norte co estado de Bauchi, polo leste e sueste co estado de Taraba, polo sur con Nassawara e polo oeste co estado de Kaduna. A súa capital é a cidade de Jos e a súa poboación cífrase nuns tres millóns e medio de persoas.

Plateau está considerado un dos estados con maior diversidade cultural e lingüística da xa diversa Nixeria. Nel fálanse cerca de 48 linguas. Entre as que teñen máis de 100 mil falantes, están o angas, o berom, o goemai, o kofyar, o mwaghavul, o ron e o tarok.[1]

Ao estar situado na zona central do país, no límite entre os territorios de maioría cristiá e o norte musulmán, Plateau foi escenario de violentos combates entre membros de ambas as faccións.[2] En 2010, estes enfrontamentos deixaron un saldo de polo menos 500 mortos.[3]

Historia[editar | editar a fonte]

O estado conformouse en 1926 como escisión da entón provincia de Bauchi (actualmente estado). Ao longo do século XX, mercé distintos acontecementos históricos, sufriu varias modificacións territoriais. A última delas tivo lugar en 1996, cando baixo o réxime militar de Sani Abacha, dispúxose que a parte occidental do territorio se separara para conformar o novo estado de Nassawara.[4]

Áreas de goberno local[editar | editar a fonte]

Este estado subdivídese internamente nun total de dezasete áreas de goberno local, a saber:

  • Barkin-Ladi
  • Bassa
  • Bokkos
  • Jos-East
  • Jos-North
  • Jos-South
  • Kanam
  • Kanke
  • Langtang-North
  • Langtang-South
  • Mangu
  • Mikang
  • Panshkin
  • Qua'an-Pan
  • Riyom
  • Shendam
  • Wase

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Plateau State. People and Culture" Arquivado 26 de agosto de 2011 en Wayback Machine. Web de Plateau State. Consultado o 29 de outubro de 2011.
  2. "El difícil equilibrio religioso en Nigeria". www.noticiasdealava.eus (en castelán). Consultado o 2022-04-26. 
  3. "Más de 500 muertos deja ataque de musulmanes a cristianos en Nigeria" La Jornada, 09/03/2010. Consultado o 29 de outubro de 2011.
  4. "The Birth of Plateau State" Arquivado 17 de novembro de 2011 en Wayback Machine. Web de Plateau State (en inglés) Consultado o 29 de outubro de 2011.