Patrice Talon
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1 de maio de 1958 Uidá |
| 6 de abril de 2016 – ← Thomas Yayi Boni | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica |
| Educación | Universidade Cheikh-Anta-Diop École nationale de l'aviation civile |
| Actividade | |
| Ocupación | político, empresario |
| Partido político | político independente |
| Participou en | |
| 17 de xaneiro de 2017 | Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2017 |
| Familia | |
| Cónxuxe | Claudine Talon |
| Fillos | Karen, Lionel Talon |
| Cronoloxía | |
| 7 de decembro de 2025 | Tentativa de golpe de Estado no Benim em 2025 (pt) |
| 11 de abril de 2021 | 2021 Beninese presidential election (en) |
| 6 de marzo de 2016 | 2016 Beninese presidential election (en) |
| Premios | |
Patrice Talon, nado en Ouidah o 1 de maio de 1958, é un home de negocios e político de Benín, elixido como Presidente da República o 6 de abril de 2016, vencendo ó Primeiro Ministro Lionel Zinsou na segunda volta.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun traballador de ferrocarrís e dunha muller pertencente á familia Guedegbe de Abomey, Patrice Talon comunmente chamado "O competidor nado" está casado cunha muller nativa de Porto Novo e é pai de dous fillos.
Coñecido como o "Rei do algodón" pola súa participación na industria do algodón no seu país, Talon foi un apoio para o presidente Thomas Yayi Boni, e financiou as súas campañas para as eleccións de 2006 e 2011. Porén, despois de que ambos se distanciaron, Talon foi acusado de participar nunha conspiración para matar a Boni Yayi e fuxiu a Francia en 2012. Foi indultado posteriormente en 2014.
En setembro de 2021, Patrice Talon e Thomas Boni Yayi, aliados políticos que se converteron en inimigos íntimos, reuníronse no Marina Palace de Cotonú. Durante este enfrontamento, Thomas Boni Yayi presentoulle a Patrice Talon unha serie de propostas e peticións, relacionadas especialmente coa liberación de "detidos políticos".
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ T13, ed. (21 de marzo de 2016). "Primer ministro de Benín reconoce derrota ante empresario Patrice Talon". Consultado o 13 de febreiro de 2019.