Fondo Mundial para a Natureza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde «World Wide Fund for Nature»)
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fondo Mundial para a Natureza
WWF logo (Text only).svg
Tipoorganización non gobernamental internacional, organización medioambiental, conservation organization e entidade filantrópica
Campo de traballoproteção ambiental e conservação
Área de operaciónInternacional
Data de fundación29 de abril de 1961
Fundador(es)Edward Max Nicholson, Prince Bernhard of the Netherlands, Filipe de Edimburgo, Guy Mountfort e Godfrey A. Rockefeller
Presidente/aPavan Sukhdev (pt) Traducir (2017-)
Director/aCharles de Haes, Fritz Vollmar, Claude Martin, James P. Leape e Marco Lambertini
Nº de empregados6.203 (2017)
Organización subsidiariaWorld Wide Fund for Nature (United Kingdom), Adena / WWF, World Wide Fund for Nature (Switzerland), World Wide Fund for Nature (Tanzania), WWF Deutschland, World Wildlife Fund (United States), World Wide Fund for Nature, World Wide Fund for Nature, WWF Japan, WWF - France e WWF Turkey
PremiosReklame for Alvor, Premio Príncipe de Asturias da Concordia e Premios Peabody
SedeMorges e Gland
Na rede
https://www.worldwildlife.org/
Facebook: WWF Twitter: WWF Instagram: wwf Youtube: UC5MDIy3yhWDrx0MyDo4QmYg Pinterest: wnfnederland Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O Fondo Mundial para a Natureza (en inglés: World Wide Fund for Nature, WWF) é un organización non gobernamental de ámbito internacional fundada o 29 de abril de 1961. Os seus obxectivos son a conservación, investigación e restauración dos ecosistemas. Anteriormente chamouse World Wildlife Fund, nome que aínda é o oficial no Canadá e nos Estados Unidos. É a organización conservacionista independente máis grande do mundo, con 5 millóns de seguidores, traballando en máis de 100 países, e mantendo 1.300[1] proxectos de conservación e restauración. É unha fundación,[2] recibindo no 2010 o 57% dos seus fondos a partir do apoio individual e doazóns, o 17% de fontes de gobernos (como o Banco Mundial) e o 11% de corporacións.[3]

A misión do grupo é "deter a degradación do medio natural do planeta e construír un futuro no que os humanos vivan en harmonía coa natureza."[4] Na actualidade, o seu traballo está concentrado na conservación de tres ecosistemas que conteñen a maioría da biodiversidade do planeta: os océanos e as costas, os bosques e os ecosistemas de auga doce. Entre outros temas, tamén se atende ás especies ameazadas, á contaminación e ó cambio climático actual.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.panda.org/about_wwf/where_we_work/project/
  2. "How is WWF run?". Consultado o 21 de xullo 2011. 
  3. WWF-INT Annual Review (PDF). World Wide Fund for Nature. 2010. p. 43. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de maio de 2013. Consultado o 21 de xullo de 2011. 
  4. WWF quick facts

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]