Silvester Nauli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSilvester Nauli
Biografía
Nacemento1922
Tomils, Suíza (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte1988
Datos persoais
País de nacionalidadeSuíza Suízo.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Premios
1986: Premio Otto Paul Wenger.


Silvester Nauli, nado en Tomils, Grisóns, en 1922 e finado en 1988, foi un numismático suízo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación[editar | editar a fonte]

Silvester Nauli naceu no antigo municipio de Tomils, actualmente Domleschg, no cantón dos Grisóns, e aínda sendo un neno traballou como pastor e mozo de hotel. Na súa xuventude foi tamén condutor e maquinista da compañía de ferrocarrís de Suíza.[1]

O seu interese pola historia manifestouse axiña. Aínda que non chegou a completar o ensino secundario, frecuentou as conferencias e os seminarios do profesor Emil Vogt sobre prehistoria e historia antiga na Universidade de Zürich.[1]

Carreira profesional[editar | editar a fonte]

En 1964 comezou a traballar como técnico de escavación no Departamento de Conservación de Mionumentos de Zürich e en 1967 regresou á súa terra natal ao se crear o Servizo Arqueolóxico dos Grisóns.[1]

En 1976 trasladouse ao Museo Rético de Coira como axudante científico e alí encargouse da colección numismática e do Departamento de Prehistoria e Historia Antiga durante once anos, ata a súa xubilación en 1987. Neste período investigou sobre as moedas dos Grisóns presentes en coleccións estranxeiras, así como sobre os antecedentes históricos destas emisións.[1]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Silvester Nauli non foi un autor prolífico, esta é unha escolma das súas escasas publicacións:[3]

  • (1976). "Zwei spätmittelalterliche Schwerter aus Malans". En Schweizer Münzblätter. Vol. 7-8. Páxinas 195-202.
  • (1978). "Ein Gold-Hortfund von Rhäzüns aus dem Jahre 1951". En Schweizer Münzblätter. Vol. 29-32. Nº 112. Páxinas 95-108.
  • (1981). Schriften zur urgeschichtlichen und römischen Besiedlung des Engadins (con H Conrad). B. Bardola-Conrad, lavin/Pontresina.
  • (1982). Archäologisches aus Tomils: Ausgrabungen des Rätischen Museums auf dem Kirchhügel 1964/65. Rätisches Museum, Coira.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Geiger, H-U. (1988).
  2. "Otto Paul Wenger-Preis". Numis Post (www.numis-online-ch).
  3. "Nauli, S.". WorldCat Identities.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]