Pedrafita de Camporredondo, Baralla
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Pedrafita e Camporredondo.
| Pedrafita de Camporredondo | |
|---|---|
Igrexa parroquial de Pedrafita de Camporredondo | |
| Concello | Baralla[1] |
| Provincia | Lugo |
| Coordenadas | 42°57′34″N 7°12′31″O / 42.95958333, -7.20861111 |
| Poboación | 41 hab. (2019) |
| Entidades de poboación | 5[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Xoán de Pedrafita de Camporredondo é unha parroquia que se localiza no concello de Baralla. Delimitada polas parroquias da Fontaneira (do concello de Baleira) polo Norte; Penarrubia polo Sur; Córneas (tamén de Baleira) polo leste e Pousada polo Oeste. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 72 habitantes (37 homes e 35 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación,o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 76 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 45 habitantes, sendo 23 homes e 22 mulleres.
Historia
[editar | editar a fonte]Trala división territorial de España en 1833 a parroquia de Pedrafita de Camporredondo pasou a formar parte do concello de Neira de Rei.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Pedrafita de Camporredondo
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Pedrafita de Camporredondo no concello de Baralla (Lugo) | |
|---|---|
|
Biduedo | Camporredondo | Pedrafita | Vilachá |
Parroquias de Baralla
[editar | editar a fonte]