Juan de Sanclemente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xoán de San Clemente»)
Juan de Sanclemente
Nacemento19 de outubro de 1534
Lugar de nacementoCórdoba
Falecemento20 de abril de 1602
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónrelixioso
editar datos en Wikidata ]
Colexio de San Clemente, fundado polo arcebispo en 1602

Juan de Sanclemente Torquemada, nado en Córdoba o 19 de outubro de 1534 e finado en Santiago o 20 de abril de 1602, foi bispo da diocese de Ourense entre os anos 1578 e 1594 e arcebispo de Santiago desde 1587 a 1602.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Universidade de Alcalá e en 1569 era maxistral da catedral de Badaxoz, desde onde foi proposto para ocupar o bispado de Ourense en 1578. Anos despois, en 1587, o arcebispo de Santiago Alonso Velázquez renunciou á sé compostelá por enfermidade e propuxo a Sanclemente para ocupar a vacante. Tomou posesión en outubro dese ano co nome de Xoán V.

Entre as moitas obras que mandou realizar en Santiago pódense citar a reparación da muralla da cidade, a da ábsida de Santa Susana e a urbanización da praza do Paraíso (actual praza da fachada da Acibechería).

En 1589 ordenou esconder as reliquias (entre as que se atopaban as do Apóstolo) e outros obxectos artísticos e vestidos litúrxicos, ante o temor ás incursións de piratas ingleses, especialmente de Francis Drake que ameazara Compostela tras desembarcar na Coruña. As reliquias foron retiradas do seu lugar de culto e soterradas no solo da ábsida do templo ó lado da capela maior. Co tempo, perdeuse a memoria do lugar onde as agochou e non foron redescubertas ata xaneiro do ano 1879, durante as escavacións dirixidas por López Ferreiro.

Unha irmá de Sanclemente está enterrada na capela de san Xoán (antes, de santa Susana) da catedral compostelá.

En 1602 fundou o Colexio de San Clemente, no Parque da Ferradura de Santiago de Compostela.

Xa nos últimos anos da súa vida conseguiu que o cabido catedralicio aprobase a demolición do coro pétreo do mestre Mateu construído na catedral de Santiago en 1200 e a súa substitución por outro, tallado en madeira, que encargou ós escultores Xoán Davila e Gregorio Español. O coro do mestre Mateu foi desmontado entre 1603 e 1604.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Fernando Tricio Arenzana
 Bispo de Ourense 
1578 - 1594
Sucesor:
Pedro González Acevedo
Predecesor:
Alonso Velázquez
 Arcebispo de Santiago 
1587 - 1602
Sucesor:
Maximiliano de Austria