Saltar ao contido

Apolo

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Apolo
Imaxe
 Venerado por
 Parte de
Obra
Biografía
 Lugar de nacemento
 Sexo
Actividade
 Ocupación
 Residencia
Familia
 Nai
 Pai
 Cónxuxe
 Irmá/n
 Fillo/a
Localización
 Lugar de nacemento
Códigos e identificadores
VIAF3261638 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0hd7 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons
Apolo, copia romana.

Apolo (en grego antigo: Ἀπόλλωνος; Apóllōnos) é un dos deuses olímpicos na relixión grega clásica e na Roma antiga, presente nas mitoloxías grega e romana. Apolo é a divindade nacional dos gregos, e foi recoñecido como o deus do tiro con arco, a música e a danza, a verdade e a profecía, a curación e as enfermidades, o Sol e a luz, a poesía e moito atributos máis. Un dos deuses gregos máis importantes e complexos, era fillo de Zeus e de Leto, e irmán xemelgo de Artemisa, deusa da caza. Visto como o deus máis fermoso e o ideal dos kouros (efebo, ou un mozo imberbe e atlético), Apolo é considerado o máis grego de todos os deuses. Apolo é coñecido na mitoloxía etrusca (influenciada pola grega) como Apulu.[1]

Asentouse no santuario de Delfos, tras dar morte a serpe Pitón, e estableceu alí o seu principal oráculo como deus da adiviñación e a mántica. É tamén o deus da música, a medicina e a poesía e como tal preside o coro das nove Musas, que viven no monte Helicón. A súa beleza era extraordinaria, aínda que ningún mortal o vira nunca, xa que a luz que desprendía deixaba cego a quen o mirara. É tamén o nome que recibiu a misión da NASA que levou ó home á Lúa (Apollo program).

  1. Krauskopf, I. 2006. "The Grave and Beyond." The Religion of the Etruscans. editado por N. de Grummond e E. Simon. Austin: University of Texas Press. p. vii, p. 73-75.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre mitoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.