Saturno (deus)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2015.) |
Nome orixinal | (la) Saturnus |
---|---|
Biografía | |
Celebración | relixión na Roma antiga |
Familia | |
Cónxuxe | Ops (mitologia) |
Fillos | Xano, Faustus, Felix, Ceres, Xuno, Vesta, Hymnus, Neptuno, Veritas, Xúpiter, Plutón, Glauca |
Pais | Caelus e Telo Hécate |
Irmáns | Ops (mitologia) |
Descrito pola fonte | Enciclopedia de Otto Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru |
Saturno era un deus da mitoloxía romana, de orixe etrusca. É o deus que personifica o paso do tempo. Corresponde ó Cronos da mitoloxía grega.
Historia
[editar | editar a fonte]Saturno reinaba sobre os ceos e a terra, controlando o paso do tempo antes de que o seu fillo Xúpiter o destronase. Foi implacable e cruel cos seus fillos, que devorou un a un, para evitar que a predición que dicía que sería destronado por un dos seus descendentes, se cumprise. Porén, a súa esposa, Cibeles, e a súa nai impediron que Xúpiter correse a mesma sorte que o resto dos seus irmáns e irmás, dándolle a comer unha rocha no lugar do seu fillo.
Máis tarde, este derrocará o seu pai, obrigándoo a regurxitar a tódolos seus irmáns e irmás. Tras ser expulsado dos ceos, Saturno instálase no Lacio, reinando na futura Roma, polo que é considerado o antepasado dos monarcas do Lacio e rei dos primitivos ítalos. É nesta época que ensina a arte da agricultura ós homes, polo que pasará tamén a ser o deus da agricultura. O reinado na Terra deste deus é coñecido tamén como a Idade de Ouro.
Símbolos
[editar | editar a fonte]Os atributos que simbolizan a Saturno son a fouce (ás veces representada por unha gadaña, coas implicacións que isto leva consigo) e o reloxo de area.
Xenealoxía
[editar | editar a fonte]Saturno é fillo da Terra e Urano, o ceo. Casado con Cibeles, os seus fillos son: Ceres, Xuno, Vesta, Neptuno, Plutón e Xúpiter.