Os misterios dionisíacos foron un ritual da Grecia antiga e de Roma que empregaban psicotrópicos e outras técnicas para inducir o transo (como a música e o baile) para rachar coas inhibicións e as limitacións sociais, ceibando o individuo nun estado natural. Isto tamén proporcionaba certa liberación para os marxinados pola sociedade grega: as mulleres, os escravos e os foráneos. Na fase final do culto, os misterios cambiaron dende o ctónico (a orientación do inframundo) ó transcendental e ó místico, cambiando tamén Dioniso a súa natureza (semellante ó cambio no culto de Shiva). Pola súa orixe como relixión mistérica reservada só ós iniciados, moitos aspectos do culto dionisíaco son descoñecidos e perdéronse coa desaparición do politeísmo grecorromano.
Merkelbach, Reinhold, Die Hirten des Dionysos. Die Dionysos-Mysterien der römischen Kaiserzeit und der bukolische Roman des Longus (Stuttgart, Teubner, 1988).