Corvus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Corvo")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Corvus
Corvos e especies similares

Rango fósil: mioceno medio – actualidade
(17 Ma - 0 Ma)
Corvus brachyrhynchos (Corvo norteamericano)
Corvus brachyrhynchos (Corvo norteamericano)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Subclase: Neornithes
Superorde: Neognathae
Orde: Passeriformes
Suborde: Oscines
Infraorde: Corvida
Superfamilia: Corvoidea
Familia: Corvidae
Xénero: Corvus
Linnaeus, 1758
Especies
Véxase o texto

Corvus é un xénero de aves da orde das paseriformes, o tipo da familia dos córvidos.

O xénero comprende máis de 40 especies distribuídas por todos o continentes, agás en Suramérica e nalgunhas illas oceánicas, e que son coñecidas vulgarmente, na súa maioría, como corvos,[1] pero outras tamén co nome de grallas.[2]

As especies deste xénero parece que evolucionaron en Asia Central, desde onde estenderon o seu territorio a Norteamérica (incluído México), África, Europa e Australia.[3]

Características[editar | editar a fonte]

Para seren paxaros, son aves grandes ou medianas, oscilando o seu tamaño, desde as máis pequenas, desde a gralla cereixeira (hoxe clasificada como Coloeus monedula, que é do tamaño dunha pomba), até o corvo grande da rexión holártica, que mide entre os 52 e os 69 cm de lonxitude e pesa desde os 0,69 aos 1,7 kg.

As especies de Corvus son todas de cor negra ou negra cunha pquena parte da súa plumaxe gris ou branca. Son repoludos, e teñen peteiros grosos e fortes patas.

O seu dimorfismo sexual é moi escaso.[4]

Investigacións recentes descubriron que algunhas especies de corvos son quen de empregar ferramentas para diferentes usos.[5] Ademais, son considerados uns dos animais máis espelidos da terra,[6] cun coeficiente intelectual semellante ao que amosan certos primates.[7]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1758 por Linneo na páxina 105,[8] do volume I da 10ª edición do seu Systema Naturae.[9]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Linneo elixiu para o nome do xénero o termo do latín clásico corvus, -i, nome co que os antigos romanos designaban ao corvo grande.

Especies[editar | editar a fonte]

Na actualidae, dentro do xénero recoñécense as seguintes especies:[10][11]

Galería dalgunhas especies galegas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. corvo no Dicionario da RAG.
  2. gralla, 1ª acepción no Dicionario da RAG.
  3. Barker, F. K.; Cibois, A.; Schikler, P.; Feinstein, J.; Cracraft, J. (2004). "Phylogeny and diversification of the largest avian radiation". Proceedings of the National Academy of Sciences 101 (30): 11040–5. Bibcode:2004PNAS..10111040B. PMC 503738. PMID 15263073. doi:10.1073/pnas.0401892101. 
  4. Holyoak, David T. (1986): Enciclopedia Natura de los Animales. Volume 4. Barcelona: Editorial Orbis S. A. ISBN 84-7634-548-8, páxina 443.
  5. Winkler, Robert (8 de agosto de 2002). "Crow Makes Wire Hook to Get Food". National Geographic. Consultado o 6 de febreiro de 2011. 
  6. PBS video, ed. (24 de outbro de 2010). "A Murder of Crows". Nature. Consultado o 6 de febreiro de 2011. New research indicates that crows are among the brightest animals in the world. 
  7. "Crows as Clever as Great Apes, Study Says". National Geographic News. NG Society. 9 December 2004. Consultado o 9 de abril de 2019. Emery and Clayton write, «These studies have found that some corvids are not only superior in intelligence to birds of other avian species (perhaps with the exception of some parrots), but also rival many nonhuman primates.» 
  8. páxina 105.
  9. Linnaeus, C. (1758): Systema Naturae per regna tria naturæ, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis, Tomus I. Editio decima, reformata. Holmiæ: impensis direct. Laurentii Salvii.
  10. Corvus Linnaeus 1758 en Familia Corvidae, na IOC World Bird List. Version 9.1 (2019), do Congreso Ornitolóxico Internacional.
  11. Corvus Linnaeus, 1758 no ITIS.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]