Dodecateísmo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cerimonia de culto helénico no 2010.
Templo helénico moderno en Tesalónica.

O dodecateísmo, tamén coñecido como neohelenismo ou neopaganismo helénico é unha modalidade de neopaganismo centrada nos deuses, crenzas e prácticas da relixión da Grecia antiga, así como na recuperación das antigas tradicións e filosofía precristiás.

Relixió helénica antiga[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Relixión da Grecia antiga.

A relixión na Grecia antiga era unha práctica politeísta que se desenvolveu ó redor do mar Exeo, a partir do período micénico no -1200 e que continúa ata o período helénico entre os séculos -II e IV, e durante os primeiros séculos da dominación do Imperio romano. Esta ampla práctica do politeísmo remata coa política establecida polo emperador romano Teodosio a finais do século IV.

Dodecateísmo moderno ou neohelenismo[editar | editar a fonte]

O neohelenismo é un movemento cultural posmoderno e poscristián activo en Grecia e noutras zonas do mundo, particularmente nos Estados Unidos. O fenómeno neohelénico presenta recuperacións moi variadas, en particular antropolóxicas, sociolóxicas e relixiosas. O movemento neohelénico leva canda si determinadas ideas sociolóxicas e antropolóxicas que cobren varios campos da visión humana do mundo, da valoración da figura feminina na sociedade, e unha idea de política moi semellante á da Grecia antiga.

Os grupos dodecateicos neohelénicos caracterízanse por unha sólida base común. En Grecia, a organización "Ύπατο Συμβούλιο των Ελλήνων Εθνικών" (Consello Supremo de Gregos Xentís),[1] refírense a esta relixión como "Ελληνική Εθνική Θρησκεία" (Relixión Nacional Grega). As principais organizacións de neohelenistas son: o Concello Supremo de Gregos Xentís e a Sociedade de Amigos de Áticos, que aseguran ter entre ambos uns 40.000 membros.

Persecución[editar | editar a fonte]

En Grecia, a relixión oficial do Estado é a Igrexa Ortodoxa Grega. A lei grega establece unha multa elevada por predicar calquera relixión sen permiso, aínda que no 2004, a Corte Suprema deulle ó xudaísmo e ó islam o status de relixións aceptadas, pero non así ó neopaganismo helénico. Porén, a Corte estableceu no 2006 que o paganismo heleno debía deixar de estar prohibido, o cal permitiulles ós neopagáns gregos deixar de ser unha relixión ilegal. O presidente da Comunidade de Sacerdotes Gregos, Eustathios Kollas declarou que: "Son un feixe de miserables resucitadores dunha dexenerada relixión morta que desexan regresar ás alucinacións do escuro pasado".[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Panopoulos, Christos (2014). CreateSpace, ed. Hellenic Polytheism - Household Worship. ISBN 978-1503121881. 
  • Addey, Tim (2000). Prometheus Trust, ed. The Seven Myths of the Soul. ISBN 978-1-898910-37-4. 
  • Addey, Tim (2003). The Unfolding Wings: The Way of Perfection in the Platonic Tradition. Prometheus Trust. ISBN 978-1-898910-41-1. 
  • Mikalson, Jon D (2004). Ancient Greek Religion (Blackwell Ancient Religions). Wiley-Blackwell. ISBN 978-0-631-23223-0. 
  • Stone, Tom (2008). Zeus: A Journey Through Greece in the Footsteps of a God. Bloomsbury USA. ISBN 978-1-58234-518-5.