Servio Tulio
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (ett) Mastarna século VI a. C. Roma |
| Morte | 535 a. C. Roma |
| Causa da morte | homicidio |
| 578 a. C. – 534 a. C. ← Lucio Tarquinio Prisco – Lucio Tarquinio o Soberbio → | |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Período | Segundo Reino Romano |
| Familia | |
| Cónxuxe | Tarquinia the Elder Gegania |
| Fillos | Tullia Major ( Tullia Minor ( |
| Pais | Tullius |
| Descrito pola fonte | Enciclopedia Soviética Armenia Dictionnaire infernal (6ª edición) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
| Reis de Roma | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Rei | Período de reinado | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Rómulo | 753 a. C. - 716 a. C. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Numa Pompilio | 715 a. C. - 674 a. C. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Tulio Hostilio | 673 a. C. - 642 a. C. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Anco Marcio | 642 a. C. - 617 a. C. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Tarquinio Prisco | 616 a. C. - 579 a. C. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Servio Tulio | 578 a. C. - 535 a. C. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Tarquinio o Soberbio | 535 a. C. - 510 a. C. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tras a morte de Prisco, o seu xenro Servio Tulio sucedeuno no trono, sendo o segundo rei de orixe etrusca que gobernaba Roma. Coma o seu sogro anteriormente, Servio librou varias guerras vitoriosas contra os etruscos. Utilizou o botín obtido nas súas campañas para erixir as primeiras murallas que cercaran os sete outeiros romanos sobre o pomerium, os chamados muros servianos. Tamén realizou cambios na organización do exército romano.
Acadou sona por desenvolver unha nova constitución para os romanos, con maior atención ás clases cidadás. Instituíu o primeiro censo da historia, dividindo as xentes de Roma en cinco clases económicas, creando ademais a Asemblea centuriada. Utilizou asemade o censo para dividir a cidade en catro tribos urbanas, baseadas na súa localización espacial dentro da cidade, establecendo a Asemblea tribal. O seu reinado tamén destacou pola edificación do templo de Diana no outeiro do Aventino.
As reformas de Servio supuxeron un gran cambio na vida romana: o dereito a voto foi establecido en base á riqueza económica, polo cal gran parte do poder político ficou reservado ás elites romanas. Así a todo, co tempo Servio favoreceu gradualmente ás clases máis desfavorecidas, para obter desta forma un maior apoio de entre os plebeos, polo que o seu mandato pode definirse como insatisfactoria para a clase patricia. O longo reinado de 44 anos de Servio Tulio finalizou co seu asasinato nunha conspiración urdida pola súa propia filla Tulia e o seu marido Tarquinio, o seu sucesor no trono.