Triptólemo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Triptólemo de pé entre Deméter e Perséfone, recibindo espigas de trigo. Relevo votivo, 440-430 a. C., Museo Nacional Arqueolóxico de Atenas.

Na mitoloxía grega, Triptólemo (en grego antigo Τριπτόλεμος) era un semideus e un heroe que aprendeu de Deméter a arte da agricultura e á súa vez ensinóullela ós gregos. Sempre relacionado coa Deméter dos misterios eleusinos que perduraron no mundo grego e romano ata a era cristiana, puide ser igualmente considerado fillo do rei Céleo e da raíña Metanira de Eleusis en Ática ou, segundo Pseudo-Apolodoro, fillo de Gaia e Océano (outro xeito de dicir que era o «home primordial»).[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]