Hestia (deusa)
- Este artigo trata sobre a deusa grega; para outros usos vexa o artigo Hestia.
| Hestia | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||
|
Venerado por
| |||||
|
Patrón de
| |||||
|
Parte de
| |||||
| Biografía | |||||
|
Sexo
| |||||
| Familia | |||||
|
Nai
| |||||
|
Pai
| |||||
| Identificadores | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
| Wikidata C:Commons | |||||
Na mitoloxía grega, Hestia (en grego: Ἑστία Hestía) era a deusa da terra e do fogar. Na sociedade romana adaptaríase coma Vesta.
Era a filla primoxénita dos titáns Cronos e Rea e a primeira en ser devorada polo seu pai ao nacer, polo que foi a última en ser expulsada do corpo de seu pai cando Zeus lle deu o vomitivo. Tras a guerra contra os Titáns foi cortexada por Poseidón e por Apolo, pero xurou permanecer por sempre virxe, evitando a primeira disputa entre deuses olímpicos. Zeus recompensouna cedéndolle a primeira vítima de todos os sacrificios públicos e os lugares preeminentes en todas as casas.
Coma deusa do fogar e a familia apenas sae do Olimpo e nunca se inmisciu nas disputas dos deuses e os humanos, polo que apenas aparece nos relatos mitolóxicos a pesar de ser unha das principais deusas da relixión grega, e posteriormente da romana na forma de Vesta.
Cando Dioniso foi admitido no Olimpo, Hestia cedeulle o seu posto no consello dos doce deuses, fortalecendo a categoría de deus deste e adicándose ela por completo ao coidado do lume sagrado do Olimpo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hestia |