Saltar ao contido

Eos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eos
 Alcume
Ῥοδοδάκτυλος Editar o valor en Wikidata
 Venerado por
 Patrón de
 Semellante a
Obra
 Presente na obra
Biografía
 Sexo
Actividade
 Residencia
Familia
 Nai
 Pai
 Cónxuxe
 Parella
 Irmá/n
 Fillo/a
Bóreas
Pyroeis (en) Traducir
Astreia (pt) Traducir
Siroco (pt) Traducir
Phaenon (en) Traducir
Aoos (en) Traducir
Stilbon (pt) Traducir
Emathion (en) Traducir
Mêmnon (pt) Traducir
Lips (pt) Traducir
Euro (pt) Traducir
Noto (pt) Traducir
Céfiro
Cécias (pt) Traducir
Héspero (pt) Traducir
Eósforos (pt) Traducir
Phaethon (en) Traducir
Apeliotes (pt) Traducir
Argestes (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

Na mitoloxía grega, Eos (do grego Ἠώς, ou Ἕως), "amencer", é unha dos titáns e a deusa da alborada, que sae cada mañá do seu fogar na beira do Océano para anunciar ó seu irmán Helios, o Sol.

Eos era filla de Hiperión e Tea e irmá de Helios e Selene (a Lúa), «que brilla sobre todos os que están na Terra e sobre os inmortais deuses que viven no amplo ceo», en verbas de Hesíodo (Teogonía 371-374).

A adoración da alborada como deusa foi herdada dos tempos indoeuropeos. O seu equivalente na mitoloxía romana era Aurora («Eos» é un conato do latín «Aurora» e do sánscrito (védico) Ushás ‘Aurora’,[1] sánscrito Uṣánas ‘estela da alba, Venus’),[2] e na mitoloxía etrusca Thesan. A alborada asociouse na relixión romana con Matuta, máis tarde coñecida como Mater Matuta e tamén asociada cos portos marítimos.

Tiña un templo no Foro Boario. O 11 de xuño celébrase a Matralia neste templo na honra de Mater Matuta.

  1. Cf. sànscrit उषस् ushás. Dins: Monier Monier-Williams: Sanskrit-English Dictionary. Clarendon Press, Oxford 1899, pàg. 220, col. 1.
  2. Cf. sànscrit Uṣánas. Dins: Monier Monier-Williams: Sanskrit-English Dictionary. Clarendon Press, Oxford 1899, S. 219, col. 3