Medusa (mitoloxía)
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
- Véxase tamén: Medusa.
Na mitoloxía grega, Medusa ("gardiana, protectora") era un monstro, unha gorgona, xeralmente descrita como unha muller con cobras velenosas no canto do cabelo. Ollar directamente a ela convertía á xente en pedra. Varias fontes descríbena como filla de Forcis e Ceto,[1] mais o autor Hixino (Fabulae, 151) interpón unha xeración e dá a Medusa outro par de pais ctónicos.
Medusa foi decapitada polo heroe Perseo, que posteriormente usou a súa testa como unha arma[2] ata que lla deu á deusa Atenea para que a puxese no seu escudo. Na antigüidade clásica, a imaxe da cabeza de Medusa aparecía no obxecto protector do mal coñecido como Gorgoneion.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ como na Teogonía de Hesíodo 270.
- ↑ Bullfinch, Thomas. "Bulfinch Mythology – Age of Fable – Stories of Gods & Heroes". Consultado o 7 de setembro de 2007.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Servius, In Aeneida vi.289
- Lucano, Bellum civile ix.624–684
- Ovidio, Metamorphoses iv.774–785, 790–801
|
|