Saltar ao contido

Harpías

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Harpía»)
Harpías

Tipogrupo de personaxes da mitoloxía grega, grupo ficticio de personaxes, criatura ficticia e personaxe da mitoloxía grega Editar o valor en Wikidata
Subclase demythical human-animal hybrid (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Venerado pormitoloxía grega Editar o valor en Wikidata
Obra
Biografía
Sexomuller Editar o valor en Wikidata
Familia
NaiElectra (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaiTaumante (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Descrito pola fonte
Wikidata ] C:Commons ]
Capitel na fachada da igrexa de San Francisco (Ourense).
Representación medieval dunha harpía.

As harpías ("ladroas" en grego), son fillas de Electra e Taumante, e irmás de Iris. Fermosas na súa xuventude, logo trocáronse en bestas coa forma de mulleres aladas e con gadoupas (se ben tamén se as representa con pezuños). Vivían nas illas Estrófades.

As dúas harpías orixinais eran Aelo (vento tempestuoso) e Ocípete (voo rápido), pero os romanos engadiron a Celeno (a escura). As tres, violentas e crueis, representaban ós ventos e ás tempestades. A súa fame era insaciable e eran moi temidas polos navegantes.

Trala súa unión con Céfiro, deron a luz ós cabalos dos heroes Aquiles, Cástor e Pólux.

A lenda conta que Fineo, rei da Tracia, revelou certos segredos dos deuses, e Zeus, alporizado, condenouno ás illas Estrófades, cun manxar diario ó que nunca podía inca-lo dente, xa que as Harpías sempre lle roubaban a comida ou defecaban nela. Este castigo prolongouse ata a chegada de Xasón e os Argonautas, que conseguiron apresa-las Harpías. En recompensa, Fineo revelou ós guerreiros como segui-lo camiño que lles conduciría ó vélaro de ouro.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]