Saltar ao contido

Deidades do mar da mitoloxía grega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nereidas.

Os antigos gregos tiñan diversas deidades do mar. O filósofo Platón[1] dixo dos gregos que eran coma ras sentadas arredor dunha poza, con tódalas súas cidades na costa do Mediterráneo, dende a Grecia antiga ata Asia Menor, Libia, Sicilia e o sur de Italia. Por este motivo, veneraban a unha gran cantidade de deuses acuáticos. Os deuses do mar gregos da era clásica abranguían dende os deuses primordiais e olímpicos por unha banda, ata os heroes, ctónicos ninfas, tricksters e monstros por outra.

Debido a que o mar foi un factor importante ó longo da historia grega, unha gran cantidade do pensamento moral, cosmolóxico e mitopoético envolve as súas divindades.

  1. Platón, Fedón 109b).