Saltar ao contido

Cástor e Pólux

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cástor e Pólux
 Título
   Διὸς κοῦροι (grc) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Venerado por
 Semellante a
Obra
 Representado por
Biografía
 Lugar de sepultura
Códigos e identificadores
VIAF77115566 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0ghrx Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons
Cástor e Pólux no Capitolio de Roma, obra de Michelangelo.

Na mitoloxía grega e romana, Cástor e Pólux (en grego antigo: Κάστωρ, Kástôr; e Πολυδεύκης Polydeúkês, "moi doce") foron os fillos xemelgos de Leda con Tindáreo e Zeus respectivamente, irmáns de Helena de Troia e Clitemnestra, e medio irmáns de Timandra, Febe, Heracles e Filónoe. Eran coñecidos colectivamente como Dióscuros[1] (en grego antigo: Διόσκουροι, Dióskouroi, "fillos de Zeus"), ou como os Xemelgos (Gemini) ou Castores.[2] Segundo o mito, os xemelgos comparten a mesma nai, porén teñen pais diferentes - o que significa que Pólux, por ser fillo de Zeus, era inmortal, mais Cástor non o era. Cando Cástor foi asasinado, Pólux pediu ó seu pai que deixase que o seu irmán tamén tivese a inmortalidade, e así foron transformados na constelación Xémini. Os dous son tidos como patróns dos navegantes.

  1. Díaz Pardo, Isaac; Freixanes, Víctor F.; Mascato, Antón (dirs.) (2007). Diciopedia do século 21. Vol I (A-D). Vigo: Ediciós do Castro, Edicións do Cumio, Galaxia. p. 707. ISBN 84-8485-241-5.
  2. Parramon i Blasco, Jordi (1997). Diccionari de la mitologia grega i romana. Barcelona: Edicions 62. ISBN 8429741461.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]