Moiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
  • Este artigo trata sobre as personaxes mitolóxicas, para a auga saturada de sal, véxase o artigo moira.

Nome dado na mitoloxía grega ás tres irmás e deusas que rexen o Destino dos homes, equivalentes ás Parcas romanas.

Historia[editar | editar a fonte]

As Moiras son as executoras do Destino, cousa que fan a través do seu oficio de tecelás, usando un fío que representa a vida. Velaquí os seus nomes:

  • Cloto, a fiadora é a maior das irmás e traballa na roca o Fío da Vida.
  • Láquesis, a que asigna o destino é a segunda, e enrola ese fío.
  • Átropo, a inflexible é a menor, encargada de curtalo cando a existencia da persoa chega ó seu final.

Símbolos[editar | editar a fonte]

Representadas normalmente como tres vellas tecelás ou fiadoras, os seus símbolos son a roca, o fuso e as tesoiras.

Xenealoxía[editar | editar a fonte]

Existen dúas versións da súa orixe: segundo a Teogonía de Hesíodo son fillas de Nix ou Nicte, que as xerou por si mesma, soa; non obstante, son consideradas normalmente e de modo alegórico, fillas de Zeus e Temis, a Xustiza.

Culto[editar | editar a fonte]

Presentes en tódolos grandes acontecementos, as Moiras eran a miúdo veneradas como deusas do nacemento: as recén casadas atenienses ofrendábanlles guechosde cabelo, e as mulleres invocábanas facéndolles xuramento.