Saltar ao contido

Fracción do Exército Vermello

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Fracción do Exército Vermello
Logotipo
 Nome orixinal
Rote Armee Fraktion Editar o valor en Wikidata
 Epónimo
 Obxectivo
 Posición política
 Obxectivo
Implicados
Organizacións
 Considerado terrorista por
Datas
 Fundación / creación
1970 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
20 de abril de 1998 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de operación
 País
Identificadores
VIAF150723207 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000121845780 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL3076038A Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/06gt7 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

A Fracción do Exército Vermello (en alemán, Rote Armee Fraktion, ou RAF), tamén coñecida como a banda Baader-Meinhof (polo apelido dos seus dous compoñentes máis significados), foi unha das organizacións terroristas de extrema esquerda máis activas da República Federal Alemá na posguerra.

A RAF pretendía ser un grupo de resistencia ao estilo das guerrillas urbanas de Suramérica, especialmente dos Tupamaros uruguaios; entendían a guerra de guerrillas como unha loita contra o sistema, o capitalismo e o imperialismo dos Estados Unidos de América nunha contenda internacional de liberación. Operou entre a década dos 70 e 1998, causando grande axitación en Alemaña (especialmente no outono de 1977, que levou a unha crise nacional) e á morte de 34 persoas e 20 membros do grupo debido a diversos atentados.

A Fracción do Exército Vermello na cultura

[editar | editar a fonte]
Ulrike Meinhof en 1964.

O 13 de marzo de 2009 estreouse o filme Der Baader Meinhof Komplex (R.A.F. Fracción del Ejército Rojo en España e Brigadas rojas Baader Meinhof en América Latina) do director alemán Uli Edel, baseada no libro de título homónimo do escritor Stefan Aust.