As viaxes de Gulliver

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Primera portada na versión orixinal inglesa.

As viaxes de Gulliver, no orixinal en inglés Gulliver's Travels, é unha novela de Jonathan Swift, publicada en 1726. Aínda que é considerada con frecuencia unha obra infantil, en realidade é unha sátira feroz da sociedade e a condición humana, camuflada como un libro de viaxes por países pintorescos (un xénero bastante común na época).

Argumento e características[editar | editar a fonte]

O protagonista, o capitán Lemuel Gulliver, atópase en situacións paradoxais: é un xigante entre ananos, un anano entre xigantes e un ser humano avergoñado da súa condición nunha terra poboada por cabalos sabios que son máis humanos que os propios homes e desconfían, con razón, destes.

A obra considérase un clásico da literatura universal e inspirou numerosas adaptacións e versións. O libro colleu sona axiña que foi publicado; John Gay dixo nunha carta en 1726 a Swift que «é universalmente lido, dende o Gabinete do Consello até a gardaría» e desde entón, nunca deixou de imprimirse.

As viaxes[editar | editar a fonte]

Gulliver é un cirurxián inglés do século XVIII que pasou gran parte da súa adultez viaxando por todo o mundo debido a que naquela época non tiña demasiada demanda. Pouco despois de regresar das súas viaxes Liliput e Brobdingnag, Gulliver acepta o traballo como médico nun barco, o Hope Well. Durante a súa travesía son abordados por dous barcos piratas os cales deixan a Gulliver abandonado no medio do mar nun bote. Días despois é rescatado polos habitantes dunha illa flotante. A cidade voadora chamase Laputa e pertencía a un reino onde habitaba o seu rei, os seus habitantes eran os liliputianos de carácter descortés e que se caracterizaban pola súa gran vocación á música e as matemáticas, e pola súa gran sabedoría sobre a astronomía. Durante a súa estancia Gulliver pasou a maior parte do tempo conversando co rei co que chegou a acadar unha boa amizade. Uns meses despois Gulliver abandona a illa e chega a Balnibarbi onde se instala na casa dun amigo do rei e visita a Academia de Artes, que consistía nunha especie de taller onde se intentaba inventar novas formas e técnicas para facer as cousas, diferentes ás cotiás e tradicionais. No seu regreso a Inglaterra, Gulliver pasa por Glubbdabdrib onde coñece a existencia dunha especie de persoas inmortais, Luggnagg onde é encarcerado e Xapón dende onde colle un barco ata Inglaterra.

O 7 de setembro de 1710 Gulliver volve abandonar Inglaterra como capitán dun barco mercantil. Unhas semanas máis tarde son sorprendidos por unha gran tempestade na que parte da tripulación se perde pola borda, polo que Gulliver ten que recrutar persoal. Os mariñeiros que había contratado resultaron ser corsarios os cales un día, tras subornar o resto da tripulación, tomaron o poder do barco e encerraron a Gulliver no seu camarote durante unha longa tempada ata que finalmente o abandonan nunha terra remota e descoñecida. Por motivos de supervivencia Gulliver introdúcese no interior da terra descoñecida en busca de comida e refuxio, pero en vez de encontrar o que buscaba encontrouse cunha especia de cabalos que falan, chamados houyhnhnms, cos que se relacionou e viviu. Os houyhnhnms eran uns cabalos cunha gran capacidade de razoamento superior a humana e bondade, e non coñecían a guerra nin a mentira, podían realizar calquera actividade coma os humanos. Durante a súa estancia Gulliver aprendeu o seu dificultosos idioma e se lle foi inculcado a gran capacidade de razoamento e o gran desprezo cara a raza humana xa que seu de conta do ruín e deprimente que era esta. Un día debido a decisión do consello de houyhnhnms Gulliver ten que abandonar para que non o maten. Fabrica unha balsa e vótase ao mar chegando ata Australia onde é ferido por unha frecha e rescatado por un barco portugués o cal o leva de volta a Inglaterra.

Resumo[editar | editar a fonte]

Esta historia narra, como ben di o título, as diferentes viaxes de Lemuel Gulliver, un home que naceu en Nottinghamshire, en Inglaterra. Estudou en Cambridge onde se formou como médico e cirurxián. Logo de casarse e traballar de médico naval, instalouse no sur de Londres, en Wapping. Pero non lle foi ben e decidiu volver a enrolarse.

Incorporouse ao buque Antílope, rumbo aos Mares do sur. Mais unha tormenta desviou o barco cara a Tasmania, atoparon un escollo e naufragaron. Soamente seis tripulantes conseguiron salvarse, pero un forte vento envorcou o bote salvavidas. O noso protagonista nadou ata facer pé nunha costa plana e cando alcanzou terra rendeuse ó sono. Cando espertou xa era de día, estaba de costas, tumbado, pero ao querer levantarse estaba amarrado por centos de cordas. Atopábase na illa de Liliput a cal estaba habitada por persoas dun tamaño moito menor ao considerado normal. Os nativos, ao ver que o seu xigantesco intruso se quería levantar tentaron atacalo, mais as súas armas resultaban case inofensivas. Gulliver fíxolles sinais aos habitantes de que tiña fame e alimentárono. Trasladárono a un edificio no cal cabía e ao cal encadearon para que non fuxise. Tivo que aprender o idioma, xa que estivo alí unha longa temporada na cal lle axudou ao emperador a gañar a guerra á illa veciña de Blefuscu. A cambio recibiu unha das maiores condecoracións do pobo, ademais de que o vestían e o alimentaban coma se fose un liliputiano máis.

Volveuse embarcar nun mercante chamado o Aventura. Fixeron escala no cabo de Boa Esperanza pero descubriron unha vía de auga e o capitán enfermou, polo que pasaron o inverno no porto. Levaron áncoras a finais de marzo, cruzaron o estreito de Madagascar e internáronse no océano Índico. O vento comezou a soprar forte durante días, aínda que cesou de golpe. Logo atoparon outra tormenta e desviáronse de tal xeito que non sabían onde estaban. Quedáronse se auga, pero pronto viron terra e decidiron parar. Coa sorte que corre Gulliver, esquecéronse na illa xa que fuxiron asustados ao ver un xigante. Lemuell tentou agacharse, mais logo dun anaco, outro xigante atopouno, colleuno entre as mans e levoullo ao que parecía o xefe, que o levou para a súa casa e lle deu de comer. A filla pequena, á que Gulliver chamaba Glumdalchicht, facía as función de coidadora. O home decidiu usar ao seu pequeno visitante para montar espectáculos por todo o país, que se chamaba Brobdingnag. Finalmente fíxolle unha exhibición á raíña, a cal se encaprichou de Gulliver, e quedou a vivir no palacio acompañado pola súa coidadora. Tiña unha pequena caixa na cal viaxaba, pero un día unha aguia apresouno e soltouno no medio do mar, onde un barco de xente da súa estatura o rescatou. Volveu á súa casa, pero non puido evitar embarcarse de novo.

William Robinson, con que xa navegara, ía partir cara as Indias Orientais e ofreceulle traballo a bordo. Ao cabo duns días de arribar en Tonkín tiveron que mercar unha barcaza, para vender mercancías pola zona, da cal estaba encargado Gulliver. Arrastrounos unha tormenta cara o nordeste e logo cara o este. Sufriron o ataque duns piratas holandeses e xaponeses. O holandés decidiu abandonar a Lemuell á deriva. Chegou a unha illa flotante chamada Laputa, onde os seus habitantes podían mover a illa ó seu antollo e estaban obsesionados coas matemáticas. Gulliver decidiu que quería ir a Xapón para volver á súa casa, así que tivo que baixar a terra firme onde Lord Mumodi lle ensinou a cidade de Balnibarbi na cal había unha escola de inventores que parecía un manicomio. Decidiu ir ao porto e partir cara Luggnagg xa que estaba preto de Xapón e desde onde podería volver a Inglaterra. Para chegar alí tivo que pasar unha temporada nunha casa chea de pantasmas ata que saíra un barco cara o seu destino. Finalmente tardou un mes en chegar a Chumegnig. Finxiu ser holandés para ser aceptado en Xapón. Aos quince días marchou para Traldragdubh. O rei decidiu que quedase uns días alí xa que desfrutaba da súa compañía. Alí descubriu a existencia duns seres inmortais chamados Struldbruggs, que eran repudiados pola sociedade, e o nacemento dun era considerado de mal augurio para a súa familia. Finalmente abandonou Luggnagg e chegou a Redriff cinco anos e medio despois da súa partida.

Logo de cinco meses volveu embarcar, esta vez como capitán, deixando embarazada á súa muller. Tivo que recrutar a máis homes xa que algúns morreran de febre. Resultou que os mariñeiros eran bucaneiros e amotináronse. Decidiron abandonalo no primeiro lugar que atoparon: a illa de Houynhnhms onde se deu conta de que os seres humanos, ou yahoos, como os chamaban os cabalos que habitaban na illa, eran considerados os seres máis repugnantes que existían no planeta. Alí aprendeu a comportarse coma os magníficos cabalos que vivían naquel lugar. Mais decidiron que ao fin e ao cabo seguía sendo un yahoo e obrigárono a marchar de alí. Ao volver á casa negouse a tratar cos seres humanos xa que lle seguían parecendo repugnantes. Falaba tódolos días cos seus cabalos e comía solo, non soportaba o cheiro das persoas.

As súas viaxes duraron 16 anos e 7 meses nos cales observou perfectamente o xeito grotesco e primitivo no que se comportaban os humanos, raza que detestou hasta a morte desde a súa última viaxe.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: As viaxes de Gulliver

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]