Andrea Palladio
Andrea Palladio | |
---|---|
![]() Andrea Palladio | |
Nome completo | Andrea di Pietro della Gondola |
Nacemento | 30 de novembro de 1508 |
Padua República de Venecia | |
Falecemento | 19 de agosto de 1580 (71 anos) |
Maser preto de Treviso | |
Estilo | Neoclasicismo |
Obras destacadas | Vila Barbaro Villa Capra "A Rotonda" Basilica Palladiana Church of San Giorgio Maggiore Il Redentore Teatro Olímpico |
Cónxuxe(s) | Allegradonna |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Andrea Palladio, nado como Andrea di Pietro della Gondola o 30 de novembro de 1508 e finado o 19 de agosto de 1580, foi un arquitecto véneto, amplamente considerado o máis influente na historia da arquitectura occidental[Cómpre referencia]. O apelido de "Palladio" é, en realidade, un alcume derivado da deusa grega Pallas Atenea que lle puxo o seu primeiro patrón, un humanista de Vicenza.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Palladio realizou a maioría da súa obra en Vicenza, estudou a arquitectura clásica romana, o que vai ser determinante para axeitar as súas construcións ó seu uso e o seu contorno, o gusto polos edificios civís, a valorización contrastada entre superficies pechadas e abertas mediante pórticos de columnas, dentro dunha racional simetría, vai ser a idea dominante da súa arquitectura, que é luminosa e cromática que establece unha clara relación entre paisaxe e arquitectura que se reforza pola prolongación dos eixos principais dos edificios que se introducen na natureza, conseguindo a súa unificación.
-
Andrea Palladio
-
Basilica Palladiana
-
Palazzo del Capitanio
-
Palazzo Chiericati
-
Teatro Olimpico
-
San Giorgio Maggiore
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Hartt & McIntire (1989), p. 723
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Andrea Palladio ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Hartt, Frederick; McIntire, Paul Goodloe (1989). Arte. Historia de la pintura, escultura y arquitectura. Colección Arte y estética. Madrid: Akal. ISBN 84-7600-411-7.