Saltar ao contido

Virginia Mayo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVirginia Mayo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Virginia Clara Jones Editar o valor en Wikidata
30 de novembro de 1920 Editar o valor en Wikidata
St. Louis, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte17 de xaneiro de 2005 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Thousand Oaks, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio
insuficiencia cardíaca Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaValley Oaks Memorial Park (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónSoldan International Studies High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de cinema, actriz de televisión, actriz de teatro Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1939 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorWarner Bros. Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMichael O'Shea (–1973) Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webvirginiamayo.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0562920 Allocine: 5012 Allmovie: p46751 151852 IBDB: 90254
BNE: XX1050612 Musicbrainz: efcdb36c-a39d-4cc8-b2c2-902db88aa4cb Discogs: 3689299 WikiTree: Jones-117337 Find a Grave: 10339490 Editar o valor en Wikidata

Virginia Clara Jones, nada en St. Louis (Missouri) o 30 de novembro de 1920 e finada nos Ánxeles o 17 de xaneiro de 2005, foi unha actriz e bailarina estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Virginia Mayo naceu en Missouri. Filla de Luke, xornalista, e a súa esposa, Martha Henrietta (de solteira Rautenstrauch) Jones. A súa familia tiña raíces nos primeiros anos da cidade de St. Louis, incluído o seu antepasado o capitán James Piggott, que fundou East St. Louis, Illinois, en 1797.[1] De pequena, Mayo xa demostrou interese polo mundo do espectáculo. A súa tía rexentaba unha escola de danza e Mayo comezou a tomar clases aos seis anos. Unha vez que rematou a escola en 1937 converteuse en intérprete da Ópera de St. Louis.

Nunha actuación que realizou en Broadway viuna un axente da Metro Goldwyn Mayer e Samuel Goldwyn asinou un contrato con ela. Non obstante, cando un dos directores do estudio realizou probas de filmación, manifestou que Mayo non era unha actriz axeitada para o cinema. Goldwyn si creu nela, sobre todo nos seus dotes de interpretación, e deulle un pequeno papel en Jack London (1943, Alfred Santell).[2] O mesmo ano participou noutro filme, e os produtores déronse de conta do seu atractivo físico, que xustificaba papeis máis importantes. Así, en 1944 xa tivo un papel protagonista, en The Princess and the Pirate (David Butler), comedia musical en que compartía cartel con Bob Hope.[3]

Nos anos seguintes, Mayo interveu en filmes con compañeiros de elenco como Danny Kaye,[4] Dana Andrews, James Cagney, Burt Lancaster ou Gregory Peck, e a súa popularidade foi crecendo con cada filme en que interveu (Os mellores anos da nosa vida, The Secret Life of Walter Mitty, White Heat, O falcón e a frecha).[5]

Trabalou intensamente ata finais da década de 1950, época a partir da que fixo menos filmes, oito en vinte anos. Afeita a aparecer atractiva na pantalla, Mayo quixo escoller ben os papeis en que interviña cando acadou unha determinada idade.

Faleceu aos 84 anos tras unha longa pneumonía que acabou nun paro cardíaco, nunha residencia dos Ánxeles.[6] Está enterrada xunto co seu marido en Pierce Brothers Valley Oaks Park en Westlake Village, California.[7]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Mayo casou co actor Michael O'Shea en 1947, e permaneceron casados ata a morte del en 1973. A parella tivo unha filla, Mary Catherine O'Shea (nada en 1953).[6]

Nos últimos anos desenvolveu unha paixón pola pintura e tamén ocupou o seu tempo cos seus tres netos.[8] Converteuse ao catolicismo inspirada polo arcebispo Fulton J. Sheen.[9] Era republicana e apoiou a Richard Nixon en 1968 e 1972, e o seu amigo Ronald Reagan en 1980.[10]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  1. Brown, John W. (2008). Missouri Legends: Famous people from the Show-Me State. St Louis: Reedy Press. pp. 168, 169. 
  2. Sastre, Noelia (19 de novembro de 2005). "Muere Virginia Mayo, uno de los rostros más bellos del cine". El periódico de Aragón (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2020. Consultado o 28 de novembro de 2020. 
  3. Variety (13 de febreiro de 2018). "Variety (January 1945)". Nova York: Variety Publishing Company – vía Internet Archive. 
  4. "Virginia Mayo bio". Turner Classic Movies website. 2013. Consultado o 5 de outubro de 2013. 
  5. Torres-Dulce, Eduardo (31 de decembro de 2005). "Virginia Mayo" (en castelán). Consultado o 28 de novembro de 2020. 
  6. 6,0 6,1 Townsend, Rosa (19 de xaneiro de 2005). "Virginia Mayo, leyenda del hollywood de los años cuarenta y cincuenta". El País (en castelán). Consultado o 28 de novembro de 2020. 
  7. Wilson, Scott (19 de agosto de 2016). Resting Places: The Burial Sites of More Than 14,000 Famous Persons, 3d ed. McFarland. ISBN 9781476625997 – vía Google Books. 
  8. "About Virginia Mayo" (en inglés). Official Mayo website maintained by her estate. 2013. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2013. Consultado o 5 de outubro de 2013. 
  9. "Fulton J. Sheen: Life is Worth Living". 9 de decembro de 2016. 
  10. Mayo, Virginia. Virginia Mayo: The Best Years of My Life (2002), pp. 194–95.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]