Manuel Moure Gómez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Moure Gómez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de novembro de 1899 Editar o valor em Wikidata (124 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , xornalista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Manuel Moure Gómez, nado en Santiago de Compostela o 30 de novembro de 1899, foi un mestre, xornalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Domingo Rosendo Moure Cajade. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, rematando en 1920. Colaborou en La Voz de Galicia. Foi mestre interino en Touro (1922), mestre en Ameneiro (Teo) (1925-1929), onde coincidiu con Manuel González Ramos, Muxía (1929-1930) e no pósito de Ribeira (1930-1933). Militante socialista, colaborou en La Lucha. En 1932 deu conferencias en varias localidades galegas. Obtivo praza nas oposicións para directores de graduadas de máis de seis graos de agosto de 1933[1] e en 1934 trasladouse a Monòver (Alacant). Alí colaborou en El Luchador (1935-1936) e Liberación (1937). Durante a Guerra Civil foi director de Nueva Galicia. Foi nomeado tenente de Infantaría en novembro de 1938.[2] Ao rematar a guerra exiliouse en Francia onde foi internado no campo de concentración nº 16 de Saint Cyprien, nos Pireneos Orientais. En 1944, considerado en paradoiro descoñecido, foi condenado a dous anos de inhabilitación polo Tribunal de Responsabilidades Políticas por ter sido "capitán rojo".[3]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en 1924 con Elvira Paz Rodríguez,[4] da que se divorciou en 1933,[5] e foi pai de Celestino, Manuel e Jose Luis Moure Paz.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 11-8-1933, p. 9.
  2. Diario Oficial del Ministerio de Defensa Nacional, 18-11-1938, p. 755.
  3. BOP Alicante, 11-8-1944.
  4. La Voz de Galicia, 8-2-1924, p. 4.
  5. La Voz de Galicia, 16-4-1933, p. 5.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]